Arao papagaio
| Arao papagaio | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
|
Sinonimia
Alca arctica Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||
O arao papagaio[1] ou aro de altura[2] (Fratercula arctica) é unha ave mariña palmípede. Caracterízase polo seu peteiro triangular e moi largo e de cor vermella, amarela e azul no verán, pero que perde a cor no inverno.

Características
[editar | editar a fonte]É unha ave mariña pequeneira dunha lonxitude de 28–34 cm e dunha envergadura de 50–60 cm, de plumaxe negra, co peito e ventre brancos e as patas laranxas e bastante curtas.
O seu peteiro, forte e robusto, é o máis característico. Ten unha base gris azulada co extremo vermello, e presenta irisacións douradas. No inverno, porén, faise máis gris e menos rechamante.
Distribución
[editar | editar a fonte]O seu hábitat é Europa do Norte, Islandia e o leste de Norteamérica. Ás veces achégase ata as costas de Galicia.
Etoloxía
[editar | editar a fonte]
Cría en colonias na costa, no fondo de buratos e coviñas de ata un metro, moitas veces aproveitados de tobos de coellos ou doutras aves mariñas. Nos niños deposita 1 ou 2 ovos; a femia encárgase da incubación que dura 40 días. Pasa o inverno no mar, chegando ás veces ata o Mediterráneo occidental, nesa época é cando se aproximan ás costas galegas.
Aliméntase de peixes, que complementa con crustáceos e moluscos, que capturan mergullándose no océano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ M. do Carme Ríos Panisse (1983): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas, Universidade de Santiago Tamén inclúe a forma arao loro, non obstante o Dicionario da Real Academia Galega non acepta loro con ese significado.
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Arao papagaio |
