Dorsal mesoatlántica
| Tipo | sistema montañoso Dorsal oceánica | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | mar a fóra | |||
| ||||
| Bañado por | Océano Atlántico | |||
| Composto por | ||||
| Características | ||||
| Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
| Data | 31 de xaneiro de 1967 | |||
| Identificador | 6231 | |||

A dorsal mesoatlántica ou dorsal do Atlántico é unha dorsal oceánica que se atopa no océano Atlántico e constitúe un límite diverxente ou constructivo entre placas tectónicas, estendéndose por todo o seu fondo ao longo do océano Atlántico. No Atlántico Norte separa as placas eurasiática e norteamericana, mentres que no Atlántico Sur separa as placas africana e suramericana.[1]
Esténdese dende os 87°N (uns 333 quilómetros ao sur do Polo Norte) ata a illa Bouvet, 1700 quilómetros ao norte da Antártida onde se transforma na dorsal atlántica-índica onde continúa cara ao leste. A esa altura ábrese cara ao oeste para formar a dorsal escocesa. Ao norte de Islandia, a cadea continúa o seu camiño cara ao océano Ártico. Chegando ó Ecuador, a cordilleira queda dividida en norte e sur pola fosa romanche, a cal chega a acadar os 7.800 metros de profundidade. En varios puntos, a altura das montañas supera o nivel do mar, formando illas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Strahler, Arthur N. (1992). "9". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 228, 231–3. ISBN 84-282-0770-4.
