Parque Nacional Vatnajökull
Coordenadas: 64°30′N 17°00′O / 64.500, -17.000
O Parque Nacional Vatnajökull (Vatnajökulsþjóðgarður en islandés) é un dos tres parques nacionais de Islandia, e o segundo de maior extensión de toda Europa, despois do Parque Nacional Yugyd Va de Rusia.
Historia[editar | editar a fonte]
O Parque Nacional Vatnajökull foi creado o 7 de xuño de 2008, incorporando á súa vez os antigos parques de Jökulsárgljúfur (creado en 1973) e Skaftafell (creado en 1967).
No momento da súa inauguración, ocupaba uns 12.000 km², mais a recente incorporación do complexo volvánico Lakagígar e o lago Langisjór, fixeron que na actualidade o parque conte con 13.600 km² de superficie, o que representa un 13% da illa de Islandia. Abrangue a totalidade do glaciar Vatnajökull, o meirande do país e un dos máis grandes de Europa, así como a rexión de Askja.[1]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Vista do glaciar Vatnajökull.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Heildarkort - General Map. Vatnajökulsþjóðgarður. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2013.