Vulcanoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Volcán fotografado en 1985

A vulcanoloxía é o estudo da orixe e ascensión da lava, das erupcións á superficie e dos edificios volcánicos presentes e pasados.

Características[editar | editar a fonte]

Un dos principais obxectivos aplicados da vulcanoloxía é a previsión das erupcións e dos seus efectos, para a preparación de planos de emerxencia e, sempre que for posíbel, aviso ás poboacións da posibilidade de erupcións.

Algúns procesos volcánicos constitúen un perigo natural enorme, mentres outros son altamente benéficos para a sociedade. Os volcáns e as súas erupcións, con todo, son meramente a expresión á superficie de procesos magmáticos que se inician en profundidade na Terra. Así, o estudo do vulcanismo, é inevitabelmente interdisciplinar, altamente ligado á xeofísica, a outros ramos da xeoloxía tales como a petroloxía e a xeoquímica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]