José Antonio Labordeta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Antonio Labordeta
José Antonio Labordeta
Labordeta en Huesca, 26 de outubro de 2007.
Nacemento 10 de marzo de 1935
Lugar Zaragoza Aragón Aragón
Falecemento 19 de setembro de 2010 (75 anos)
Lugar Zaragoza
Nacionalidade España Español
Ocupación Cantautor, escritor e político

José Antonio Labordeta Subías, nado en Zaragoza o 10 de marzo de 1935 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 2010[1], foi un cantautor, escritor e político aragonés.

Unha das voces máis comprometidas e entrañables da canción de autor española
Comunicado da SGAE[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

José Antonio Labordeta foi o cuarto fillo de entre sete irmáns. O seu pai, Miguel Labordeta, era un catedrático de latín, militante de Izquierda Republicana e propietario dun colexio, que despois do triunfo da sublevación franquista, foi represaliado e veuse obrigado a renunciar á súa cátedra. José Antonio Labordeta estudou ata o bacharelato en Zaragoza, e posteriormente na mesma cidade matriculouse en Dereito, pero non o rematou.

En 1960 rematou a carreira de Filosofía, e neses anos frecuentou o faladoiro do café Niké, e colaborou coa revista literaria local Orejudín entre 1958 e 1959. En 1961 marchou a Aix-en-Provence como lector de español. Á volta, en 1963, casou con Juana de Grandes. Ambos marcharon para Teruel, onde exerceron como profesores no colexio dun amigo, e alí obtivo Labordeta o seu primeiro destino logo de aprobar as oposicións a profesor de secundaria. Nesa época en Teruel coñeceu a Joaquín Carbonell co que debutou como cantante en novembro de 1968, xunto a Cesáreo Hernández, na localidade turolense de Belchite.

O cantante[editar | editar a fonte]

Dese primeiro concerto en Belchite naceu o primeiro disco de quen foi considerado un dos principais representantes da "canción de autor" española. Comezou a súa carreira musical en 1963, destacando os seus álbums Cantar y callar (1974), Tiempo de espera (1975) e Las cuatro estaciones (1981).

O escritor[editar | editar a fonte]

En 1969 participou na creación do grupo Andalán, xunto con Eloy Fernández Clemente, e xuntos os dous regresaron en 1970 a traballos en Zaragoza. En 1973 ese grupo deu á luz a revista homónima, con carácter quincenal. Nos anos 80 abandonou a docencia e dedicouse por completo á música, á literatura e ás súas colaboracións en cinema e televisión.

É autor de varios libros de poemas, unha novela (Cada cual que aprenda su juego, 1974) e unhas memorias (Con la voz a cuestas, 1982). Entre os seus últimos títulos destacan Aragón en la mochila (1983), Los amigos contados (1994) e Un país en la mochila (1995). Realizou e presentou o programa de Televisión Española Un país en la mochila, parte do cal contén percorridos por Galicia.

O político[editar | editar a fonte]

Nas primeiras eleccións democráticas españolas presentouse nas listas da extinta formación Partido Socialista de Aragón, que tamén axudara a fundar. En 1979 apoiou as candidaturas do PCE e logo pasou a un segundo plano ata que nas eleccións ao Senado de 1989 se presentou nunha candidatura de Izquierda Unida, pola que non saíu elixido.

Tamén sen éxito, encabezou a lista da Chunta Aragonesista nas eleccións ao Congreso de 1996, pola circunscrición de Zaragoza. En 2000, porén, conseguiu o escano no Congreso dos Deputados, que revalidou en 2004. Durante a súa participación no Congreso como único deputado da Chunta, conseguiu moita repercusión mediática: opúxose ao Plan Hidrológico Nacional e a invasión de Iraq. A inicios do ano 2008 anunciou que non se presentaría á reelección en 2008, xa enfermo.

Obra[editar | editar a fonte]

Música[editar | editar a fonte]

Literatura[editar | editar a fonte]

  • Sucede el pensamiento, 1959
  • Sonatas, 1965
  • Cantar y no callar, 1974.
  • Cada cual que aprenda su juego, 1974
  • Con la voz a cuestas, 1982
  • Aragón en la mochila, 1983
  • Los amigos contados, 1994
  • Un país en la mochila, 1995
  • Tribulatorio
  • Método de lectura
  • Tierra sin mar
  • Memorias de un beduino en el Congreso de los Diputados
  • Regular, gracias a Dios, 2010.
  • Historia de Paletonia, 2011.

Televisión[editar | editar a fonte]

Galardóns[editar | editar a fonte]

Foille concedida a Medalla de Aragón, a máxima distinción desa comunidade, a título póstumo[3]. Tamén recibiu a Medalla “Juan de Lanuza”, a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo, a Gran Cruz da Orde de Afonso X O Sabio e en 2010 foi investido doutor honoris causa pola Universidade de Zaragoza.

Persoal[editar | editar a fonte]

Foi irmán do poeta Miguel Labordeta.

Estaba casado e tivo tres fillas. Faleceu dun cancro de próstata.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. José Antonio Labordeta falece á idade de 75 anos, nova en El Progreso o 19 de setembro de 2010.
  2. Labordeta, o home que levou a poesía ao Parlamento, artigo en Xornal de Galicia o 20 de setembro de 2010.
  3. El Rey Juan Carlos: "Se ha ido un gran amigo", El Heraldo de Aragón, 19/9/2010.