Saltar ao contido

Puck (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Puck
 Instancia de
 Epónimo
Puck (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Designación provisional
S/1985 U 1 Editar o valor en Wikidata
 Astro pai
Características orbitais
Excentricidade orbital0,00012 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital0,31921 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital0,76183287 d Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior86.000 km Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Radio81 km Editar o valor en Wikidata
Masa2,9 Zg Editar o valor en Wikidata
Volume2.225.000 km³ Editar o valor en Wikidata
Albedo0,104 Editar o valor en Wikidata
Temperatura64 K Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente20,5 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
30 de decembro de 1985 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0d_f_ Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Puck é unha lúa interior do planeta Urano. Foi descuberta o 30 de decembro do 1985 pola sonda espacial Voyager 2.[1] O nome de Puck provén da mitoloxía celta e o folclore inglés. A órbita de Puck descansa entre os aneis de Urano e a primeira das grandes lúas de Urano, Miranda. Puck ten unha forma cuasi-esférica e un diámetro aproximado de 162 km.[2] Ten unha superficie escura inzada de cráteres, a cal amosa sinais de xeo de auga no seu espectro.[3]

Descubrimento e nomeamento

[editar | editar a fonte]

Pucka lúa interior máis grande de Urano foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 30 de decembro do 1985. Recibiu a designación temporal de S/1985 U 1.[4]

A lúa recibiría máis tarde o nome de Puck, que aparece na obra de William Shakespeare, A Midsummer Night's Dream, coma un trasgo que viaxa pola noite a través do globo acompañando ás fadas. Na mitoloxía celta e no folclore inglés, Puck era un trasgo falcatrueiro, imaxinado polo cristiáns coma un diaño. A lúa tamén foi designada coma Urano XV.[5]

Características físicas

[editar | editar a fonte]

Puck é a lúa máis grande entre as lúas interiores de Urano, e orbita Urano nunha órbita inmediatamente máis interior cá de Miranda. Ten un tamaño intermedio entre Portia (a segunda lúa máis grande entre as lúas interiores de Urano) e Miranda (a máis pequena das cinco lúas clásicas de Urano). A órbita de Puck está localizada entre os aneis de Urano e Miranda. Pouco máis se coñece de Puck, a parte da súa órbita,[6] o seu radio de aproximadamente 81 km,[2] e o seu albedo xeométrico no espectro visible de aproximadamente 0,1.[7]

Das lúas descubertas polo equipo de imaxes da Voyager 2, só Puck foi descuberta o suficientemente cedo coma para reprogramar algúns dos equipos fotográficos da sonda para así poder obter imaxes con máis detalle.[1] As imaxes amosan a Puck cunha forma cuasi-esférica cun relación entre os eixos de 0,97 ± 0,04).[2] A súa superficie está inzada de cráteres[8] e é de cor gris.[2] Hai tres cráteres na superficie de Puck que recibiron nomes oficiais, o máis grande ten 45 km de diámetro.[1] Observacións feitas co Telescopio Espacial Hubble e con telescopios terrestres de grande alcance atoparon liñas de absorción de xeo de auga no espectro de Puck.[7][3]

Non se coñecen nada da estrutura interna de Puck. Semella estar feita dunha mestura de xeo de auga con materiais escuros semellantes os atopados nos aneis de Urano.[3] Estes materiais probablemente sexan rochas ou compostos orgánicos. A ausencia de cráteres con sistemas de raios implicaría que non hai separación entre os xeos e o resto de compoñentes, e que tampouco están separados por capas, carecendo así dun núcleo e un manto con distintos tipos de materiais.[1]

  1. 1 2 3 4 Smith, B.A.; Soderblom, L.A.; Beebe, A. e o seu equipo. (1986). "Voyager 2 in the Uranian System: Imaging Science Results". Science 233: 97102. PMID 17812889. doi:10.1126/science.233.4759.43.
  2. 1 2 3 4 Erich Karkoschka (2001). "Voyager's Eleventh Discovery of a Satellite of Uranus and Photometry and the First Size Measurements of Nine Satellites". Icarus 151: 69–77. doi:10.1006/icar.2001.6597.
  3. 1 2 3 Dumas, Christophe; Smith, Bradford A.; e Terrile, Richard J. (2003). "Hubble Space Telescope NICMOS Multiband Photometry of Proteus and Puck". The Astronomical Journal 126: 1080–1085. doi:10.1086/375909.
  4. Smith, B.; Hansen, C. (16-01-1986). Unión Astronómica Internacional, ed. "IAU Circular No. 4159". Consultado o 06-08-2006.[Ligazón morta]
  5. USGS Astrogeology, ed. (21-07-2006). "Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 06-08-2006.
  6. Jacobson; R.A. (1998). "The Orbits of the Inner Uranian Satellites From Hubble Space Telescope and Voyager2 Observations". The Astronomical Journal 115: 1195–1199. doi:10.1086/300263.
  7. 1 2 Erich Karkoschka (2001). "Comprehensive Photometry of the Rings and 16 Satellites of Uranus with the Hubble Space Telescope". Icarus 151: 51–68. doi:10.1006/icar.2001.6596.
  8. Thomas, P.; Veverka, J.; Johnson, T.V.; e o seu equipo. (1987). "Voyager observations of 1985U1". Icarus 72: 79–83. doi:10.1016/0019-1035(87)90121-7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]