Xastre, xastra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xastre»)
Un xastre tomándolle as medidas a un cliente en Hong Kong.

Un xastre[1] ou alfaiate[2] é a persoa que exerce o oficio da xastrería, unha arte que consiste na creación de pezas de vestir principalmente masculinas (traxe, pantalón, chaleco) de forma artesanal e a medida, ou sexa, deseñando exclusivamente de acordo coas medidas e preferencias de cada cliente, sen facer un uso estandarizado de numeración preexistente. É un oficio que estivo presente desde hai moitísimos anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xastre.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alfaiate.