Arévacos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os arévacos eran un dos pobos celtiberos, sendo o mais forte deles, xa que mantivo a guerra contra Roma[1].

O seu nome é céltico, e foi interpretado por Bosh Gimpera como are-accei ou vacceos do leste. Sabían escribir (a través do alfabeto ibérico) e tiñan un alto potencial cultural que foi destruído polos romanos.

O que se sabe deles provén de autores romanos, que *enfangaron a súa memoria presentando os conceptos maniqueos de barbarie indíxenas/civilización romana nos seus escritos sobre as guerras do imperio nestas terras. O pobo dos arévacos foi o que mantivo as dúas últimas guerras celtiberas contra o poderío romano, así como anteriores guerras contra o imperialismo de Cartago.

Sociedade[editar | editar a fonte]

Tiñan varias cidades, como Numantia, Pallantia (Palenzuela)[2], Termes (Santa María de Tiermes, Soria), Lutia, Malia ou Lagni. Funcionaban como cidades estado gobernadas por asembleas ou senados aristocráticos[3]. A súa relixión era politeísta de raizame celta, con deuses como Lugh ou Endovélico. O seu panteón era semellante ao xermánico debido á crenza que tiñan de que morrer en cama era algo inmoral e o mellor era morrer en combate. Os historiadores defenden dous tipos de ritual funerario dos arévacos: por un lado o "civil" baseado na cremación e posterior enterramento en urnas cinerarias, e o "militar", deixar os corpos dos guerreiros caídos en batalla que fosen comestos polos voitres e súa alma levada ao ceo.

Economía[editar | editar a fonte]

Os autores gregos afirman que seu territorio era pobre e que se adicaba á pillaxe de territorios veciños, porén estas afirmacións chocan contra os procesos internos de consolidación estatal a través de confederacións de pobos celtiberos, así como as rutas comerciais con outros pobos, como os Turdetanos, aos que servían como mercenarios.

A súa economía baseábase na gandería e a minería, coñecían o torno cerámico (cos cales incluso facían instrumentos musicais, como as trompas de Numancia, cerámica fina pintada etc). A metalurxia estaba presente a través de armas e fíbulas, sacando as materias primas das minas propias. Comerciaban cos seus veciños, de tal feito que comezaron a escribir antes da chegada dos romanos, tomando seus signos do ibero entrando así nun proceso de celtiberización e comezando un paso máis no desenvolvemento cultural que sería destruído polos romanos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estrabón "Xeografía" Libro III Capítulo IV
  2. del Amo y Pérez, (2006), pp. 55-56
  3. Manuel Salinas de Frías "Pueblos prerromanos de la península ibérica" ed Akal 2006