Selección de fútbol do Camerún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Selección de fútbol de Camerún»)
Camerún
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Fédération Camerounaise de Football − FECAFOOT
Confederación CAF (África)
Código FIFA CMR
Alcume Les Lions Indomptables
(Os leóns indomábeis)
Clasificación FIFA 53 (11 de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Portugal Toni Conceição
Máis encontros Rigobert Song (137)
Máximo goleador Samuel Eto'o (56)
Estrea internacional
Congo Belga Congo Belga 3 − 2 Camerún Francés Camerún Francés
Congo Belga; setembro de 1956
Maior vitoria
Camerún Camerún 9 − 0 Chad
Kinshasa, Rep. Democrática do Congo; 7 de abril de 1965
Maior derrota
Noruega 6 − 1 Camerún
Oslo, Noruega; 31 de outubro de 1990
Rusia 6 − 1 Camerún
Palo Alto, Estados Unidos; 28 de xuño de 1994
Costa Rica 5 − 0 Camerún
San Xosé, Costa Rica; 9 de marzo de 1997
Copa do Mundo
Participacións 7 (primeira en 1982)
Mellor resultado Cuartos de final (1990)
Copa de África
Participacións 19 (primeira en 1970)
Mellor resultado Campións (1984, 1988, 2000, 2002, 2017)

A selección de fútbol do Camerún (en francés: Équipe nationale du camerounaise de football) é o equipo de fútbol que representa en competicións internacionais ao Camerún. A súa organización está a cargo da Federación Camerunesa de Fútbol (Fédération Camerounaise de Football, FECAFOOT), pertencente á Confederación Africana de Fútbol (CAF). Entre os seus éxitos destacan cinco títulos da Copa Africana de Nacións e a súa participación nos cuartos de final do Mundial de Fútbol de 1990 de Italia.

Historia[editar | editar a fonte]

Os inicios[editar | editar a fonte]

A Federación Camerunesa de Fútbol (FECAFOOT), fundouse en 1959. O primeiro partido internacional oficial da selección foi o 13 de abril de 1960, contra a selección de Somalia, na que se converteu na maior vitoria dos cameruneses en toda a historia (9-2). A federación afiliouse á FIFA en 1962 e á CAF en 1963. Durante os anos sesenta, o Camerún non disputou ningún partido da fase final da Copa de África, ata que cae eliminado en primeira rolda en 1970 e consegue o terceiro posto en 1972. Pero ata os anos oitenta desaparece do panorama futbolístico internacional.

O esplendor[editar | editar a fonte]

A sona mundial da selección camerunesa comezou en 1982 coa súa primeira participación nun mundial de fútbol. No mundial de España 1982 é encadrada no grupo A, que se disputa en Galicia, e onde con tres empates remata eliminada por detrás de Polonia e de Italia, con esta última empatada a puntos. Italia sería finalmente campioa e Polonia ocuparía a terceira praza. O seu adestrador era o francés Jean Vincent e o capitán era Roger Milla.

En 1984 conseguirá o seu primeiro título africano, ao vencer a Nixeria en Abixán por 3-1. En 1990 participa nos mundiais de Italia, adestrados polo ruso Valeri Nepomniachi, e convértense na sorpresa do campionato. Derrotan a Arxentina de Maradona por 1-0 no partido inaugural (obra de François Omam-Biyik), despois vencen a Romanía e perden coa URSS, pero clasifícanse para oitavos (a segunda selección africana en facelo) e despois de derrotar a Colombia (2-1) con dous goles de Milla (daquela con 38 anos), convértese na primeira selección dese continente en chegar a cuartos dun mundial. En cuartos son eliminados por Inglaterra cun resultado de 2-3.

A decadencia[editar | editar a fonte]

A partir da cuarta praza conseguida na Copa de África de 1992, o Camerún abre unha etapa non moi brillante sendo eliminada na primeira volta nos mundiais de 1994 e 1998. Precisamente nos mundiais estadounidenses, o Camerún conseguiu dous récords: a súa maior derrota, contra Rusia (6-1), e o xogador máis vello disputando unha fase final dun mundial (Roger Milla, con 42 anos). Tamén o Camerún quedou eliminado na Copa de África de 1996 na primeira volta.

O regreso[editar | editar a fonte]

O Camerún consegue a medalla de ouro nos Xogos de Sydney, ao vencer a España nos tiros de penalti. Tamén nese ano o Camerún gaña a Copa de África, vencendo unha vez máis a Nixeria, e dous anos despois conséguena outra vez derrotando a Senegal. En 2003 falece no campo, mentres disputan un partido contra Colombia na Copa das Confederacións, o xogador Marc-Vivien Foé. Nos anos seguintes atravesa unha serie de malos resultados, sendo eliminado rapidamente da Copa de África ou quedando fóra do Mundial de Alemaña 2006.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Medallas olímpicas
Ouro masculino Sydney 2000

Traxectoria nos Mundiais de Fútbol[editar | editar a fonte]

  • 1930 : Non inscrito.
  • 1934 : Non inscrito.
  • 1938 : Non inscrito.
  • 1950 : Non inscrito.
  • 1954 : Non inscrito.
  • 1958 : Non inscrito.
  • 1962 : Non inscrito.
  • 1966 : Boicot dos países africanos.
  • 1970 : Fase de clasificación.
  • 1974 : Fase de clasificación.
  • 1978 : Fase de clasificación.
  • 1982 : Primeira rolda.
  • 1986 : Fase de clasificación.
  • 1990 : Cuartos de final.
  • 1994 : Primeira rolda.
  • 1998 : Primeira rolda
  • 2002 : Primeira rolda.
  • 2006 : Fase de clasificación.
  • 2010 : Primeira rolda
  • 2014 : Primeira rolda
  • 2018 : Fase de clasificación.

Traxectoria na Copa de África[editar | editar a fonte]

  • 1957 : Non inscrito.
  • 1959 : Non inscrito.
  • 1962 : Non inscrito.
  • 1963 : Non inscrito.
  • 1965 : Non inscrito.
  • 1968 : Fase de clasificación.
  • 1970 : Primeira rolda.
  • 1972 : Terceiro.
  • 1974 : Fase de clasificación.
  • 1976 : Fase de clasificación.
  • 1978 : Fase de clasificación.
  • 1980 : Fase de clasificación.
  • 1982 : Primeira rolda.
  • 1984 : Campión.
  • 1986 : Finalista.
  • 1988 : Campión.
  • 1990 : Primeira rolda
  • 1992 : Cuarto.
  • 1994 : Fase de clasificación.
  • 1996 : Primeira rolda.
  • 1998 : Cuartos de final.
  • 2000 : Campión.
  • 2002 : Campión.
  • 2004 : Cuartos de final.
  • 2006 : Cuartos de final.
  • 2008 : Finalista
  • 2010 : Cuartos de final
  • 2012 : Fase de clasificación
  • 2013 : Fase de clasificación
  • 2015 : Primeira rolda
  • 2017 : Campión.

Algúns xogadores históricos[editar | editar a fonte]

A selección do Camerún e Galicia[editar | editar a fonte]

O primeiro contacto da selección do Camerún con Galicia produciuse en 1982, durante os mundiais de fútbol celebrados en España. O Camerún quedou encadrada no grupo A, a canda Perú, Italia e Polonia. O primeiro partido dos cameruneses foi en Riazor, o 15 de xuño de 1982, contra os peruanos, e o resultado foi de empate a cero goles. O 18 de xuño tamén en Riazor, volveron empatar a cero con Polonia, e o 23 de xuño, en Balaídos, empataron a uns con Italia. O gol camerunés, marcado por Gregoire M'Bida, non abondou e Italia pasou á seguinte fase cos mesmos puntos que o Camerún pero cun gol marcado máis. Finalmente, Italia sería campioa e Polonia obtería o bronce.

Entre as tempadas 1996-97 e 2000-01, o xogador Jacques Songo'o, porteiro titular da selección do Camerún, defendeu a camisola do Deportivo da Coruña.

Galicia-Camerún[editar | editar a fonte]

O terceiro partido da época moderna da selección de Galicia de fútbol celebrouse o 27 de decembro de 2007, en Vigo e enfrontou por primeira vez ao Camerún cos galegos. O resultado foi empate a un.

Os convocados pola selección camerunesa foron:

Foi seleccionado tamén o dianteiro Achille Webo, pero lesionouse uns días antes do encontro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]