Selección de fútbol de Tanzania
| |||
| Asociación | Tanzania Football Federation | ||
| Confederación | CAF (África) | ||
| Código FIFA | TAN | ||
| Alcume | Taifa Stars | ||
| Clasificación FIFA | 134 (11 de xuño de 2020) | ||
| Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
| Seleccionador | |||
| Máis encontros | Mrisho Ngasa (100) | ||
| Máximo goleador | Mrisho Ngasa (25) | ||
| Estrea internacional Uganda Uganda; 1945 | |||
| Maior vitoria Tanzania Jinja, Uganda; 1 de decembro de 1995 Tanzania Kampala, Uganda; 1 de decembro de 2012 | |||
| Maior derrota Tanganica Tanganica; 1956 | |||
| Copa de África | |||
| Participacións | 2 (primeira en 1980) | ||
| Mellor resultado | Fase de grupos (1980, 2019) | ||
A selección de fútbol de Tanzania (en suahili: Timu ya Taifa ya Mpira wa Miguu ya Tanzania, en inglés: Tanzania national football team) é o equipo representativo de Tanzania nas competicións oficiais internacionais de fútbol. É dirixida pola Federación de Tanzania de Fútbol (Shirikisho la Mpira wa Miguu Tanzania, Tanzania Football Federation), afiliada á Confederación Africana de Fútbol (CAF) e á FIFA. O estadio principal da selección é o Estadio Nacional Benjamin Mkapa en Dar es Salaam. A selección tanzana nunca xogou a fase final da Copa do Mundo e tan só participou en dúas edición da Copa de África de Nacións.
Antes da súa unión con Zanzíbar, o equipo recibía o nome de selección de fútbol de Tanganica. Por outra banda, actualmente a illa de Zanzíbar, parte de Tanzania, é membro asociado da CAF. Así, Zanzibar, ten a súa propia selección nacional. Esta selección, porén, non pode participar nin na Copa do Mundo nin na Copa de África.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil de Tanzania en FIFA.com Arquivado 05 de xullo de 2020 en Wayback Machine.
