Selección de fútbol de Tunisia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Flag of Tunisia.svg
Tunisia
Actual campión do Mundo
Actual campión de Europa Actual campión de Europa
Actual campión de África Actual campión de África
Actual campión de Sudamérica
Actual campión de NorteaméricaActual campión de Norteamérica
Actual campión de AsiaActual campión de Asia
Actual campión de Oceanía
Na casa
Fóra
Asociación Federación Tunisiana de Fútbol
Confederación Confederación Africana de Fútbol
Código FIFA TUN
Alcume نسور قرطاج
Aguias de Cartago
Clasificación FIFA 21 (7 de xuño de 2018)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Nabil Maâloul
Máis partidos Radhi Jaïdi (105)
Máximo goleador Issam Jemâa (36)
Estrea internacional
Tunisia Flag of Tunisia.svg 1 – 2 Alxeria Alxeria
(Tunisia; 25 de xuño de 1957)
Maior vitoria
Tunisia Flag of Tunisia.svg 8 – 1 Chinese Taipei Football Flag on FIFA website.svg China Taipei
(Roma, Italia; 18 de agosto de 1960)
Tunisia Flag of Tunisia.svg 7 – 0 Flag of Togo.svg Togo
(Tunes, Tunisia; 7 de xaneiro de 2000)
Tunisia Flag of Tunisia.svg 7 – 0 Flag of Malawi.svg Malaui
(Tunes, Tunisia; 26 de marzo de 2005)
Tunisia Flag of Tunisia.svg 8 – 1 Flag of Djibouti.svgDjibuti
(Radès, Tunisia; 12 de xuño de 2015)
Maior derrota
Hungría Hungría 10 – 1 Flag of Tunisia.svg Tunisia
(Budapest, Hungría; 24 de xullo de 1960)
Campionato do Mundo
Participacións 5
Mellor resultado Fase de grupos
Copa Africana de Nacións
Participacións 18 (a primeira vez en 1962)
Mellor resultado Campións en 2004

A selección de fútbol de Tunisia (en árabe: منتخب تونس لكرة القدم) é o equipo formado por xogadores de nacionalidade tunisiana que representa á Federación Tunisiana de Fútbol nas competicións oficiais organizadas pola Confederación Africana de Fútbol (CAF) e a Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA).

Tunisia cualificou a cinco Copas Mundiais de Fútbol, sendo a primeira Arxentina 1978, aínda que até a data non lograron superar a primeira rolda. Malia isto, fixeron historia ó converterse no primeiro equipo africano en gañar un partido neste tipo de torneos, cando venceron a México por 3:1. Nese mesmo torneo, tamén conseguiron un empate a 0 con Alemaña Federal, campión defensor. Tras isto, tomoulles 20 anos para regresar a unha fase final, ó participar en Francia 1998 e logo en Corea do Sur e Xapón 2002. Tunisia tamén clasificou a Alemaña 2006 e a Rusia 2018.

A nivel continental, Tunes foi campión da Copa Africana de Nacións en 2004, cando foron anfitrións do torneo, o que lles deu o dereito a participar na Copa FIFA Confederacións 2005 en Alemaña onde quedaron en primeira fase.