Schoutedenapus myoptilus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Schoutedenapus myoptilus
Salangana de Schouteden
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Orde: Apodiformes
Familia: Apodidae
Tribo: Collocaliini
Xénero: Schoutedenapus
De Roo, 1968
Especie: S. myoptilus
Nome binomial
Schoutedenapus myoptilus
(Salvadori, 1888)
Subespecies
  • Véxase o texto
Sinonimia
  • Véxase o texto

Schoutedenapus myoptilus é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que comprende as salanganas),[2]

É a única do monotípico xénero Schoutedenapus.[3][4][5]

Porén, algúns autores consideran no xénero dúas especies:[6][7]

  • Schoutedenapus myoptilus (Salvadori, 1888)
  • Schoutedenapus schoutedeni (Prigogine, 1960)

Nota: Ver máis abaixo, en Variacións taxonómicas.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1888 polo médico e naturalista italiano, Tommaso Salvadori, que quizais foi o ornitólogo italiano máis importante de todos os tempos, co nome de Cypselus myoptilus,[5][8][9][10] en Annali del Museo Civico di Storia Naturale di Genova 26: 228.[8]

Variacións taxonómicas[editar | editar a fonte]

Posteriormene foi reclasificada dentro do xénero Schoutedenapus, descrito en 1968 por Antoon De Roo.[11][12]

Anteriormente foi considerada outra especie dentro do xénero, Schoutedenapus schoutedeni, pero demostrouse que era unha forma xuvenil ou subadulta, da subespecie de Schoutedenapus myoptilus, a S. m. chapini.[5][13][14]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

A do xénero, Schoutedenapus, está formado pola unión dos elementos Schouteden-, e -apus. O primeiro é o apelido do explorador e zoólogo belga Henri Schouteden (1881-1972), ao que o seu compatriota De Roo o honrou, e o segundo, deriva do xénero Apus.[15]

O epíteto específico, myoptilus, formouse pola unión dos elementos myo-, e -ptilus ambos os dous tirados do grego antigo: μῦς, μυός, mỹs, myós, "rato", e πτίλον, ptílon, "pluma", respectivamente.[16] Literalmente: "de plumaxe semellante ao pelo dun rato".

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:

Subespecies[editar | editar a fonte]

O Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC), organización cuxas decisións seguen a maioría dos ornitólogos, establece na actualidade (2019) a seguinte clasificación da especie, coas subespecies que se indican:[3][5]

  • Schoutedenapus myoptilus (Salvadori, 1888)
    • Schoutedenapus myoptilus myoptilus (Salvadori, 1888)
    • Schoutedenapus myoptilus poensis (Alexander, 1903)
    • Schoutedenapus myoptilus chapini (Prigogine, 1957)

Características[editar | editar a fonte]

Esta especie é unha das salanganas menos coñecidas, só se estudaron cinco individuos, e nunca se observou no campo.

Trátase dunha salangana de tamaño medio, cunha lonxitude corporal de 16,5 a 17 cm de lonxitude, e cun peso de 25 a 30 g. A súa plumaxe é gris uniforme ou parda amourada. As ás son longas, estreitas e rematadas en punta, como as de todas as salanganas. A cola está profundamente bifurcada, pero en voo adoita estar pechada.[5]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Hábitat[editar | editar a fonte]

A especie ten o seu hábitat en zonas rochosas (acantilados, cumios de montañas), bosques e terras baixas húmidas.[1][5]

Distribución[editar | editar a fonte]

A súa área de distribución inclúe amplas zonas de África central e meridional, encontrándose en Angola, Burundi, Camerún, Guinea Ecuatorial, Kenya, Malaui, Mozambique, República Democrática do Congo, Ruanda, Sudán, Tanzania, Uganda, Zambia e Zimbabwe, chegando polo norte até Etiopía. Tamén visita Sudán do Sur, aínda que non aniña neste país.[1][5]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que esta especie ten unha área de dispersión moi grande e que a as súas poboacións parecen estábeis (aínda que non se verificou o seu tamaño) cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 BirdLife International (2016): Schoutedenapus myoptilus na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 23 de outubro de 2019.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
  3. 3,0 3,1 Ver Schoutedenapus na páxina Order Apodiformes da IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 22 de outubro de 2019.
  4. Hydrochous gigas. Swift waterfall na ADW.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Chantler, P. & Kirwan, G. M. 2019.
  6. Schoutedenapus myoptilus (Salvadori, 1888) no ITIS.
  7. Schoutedenapus De Roo, 1968 no IRMNG.
  8. 8,0 8,1 8,2 Schoutedenapus myoptilus en Wikispecies.
  9. Vencejo de Shoa. Schoutedenapus myoptilus (Salvadori, 1888) en AviBase.
  10. Ver Apodidae en Zoonomen.
  11. Schoutedenapus De Roo, 1968 no ITIS.
  12. Schoutedenapus en All Birds Wiki.
  13. Fishpool, L. D. C. (2019). "A reappraisal of Schouteden's Swift". Bulletin of the African Bird Club 26 (1): 38–57. 
  14. Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2019). "Owlet-nightjars, treeswifts, swifts". World Bird List Version 9.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 22 de outubro de 2019. 
  15. Schoutedenapus, en: James A. Jobling (2010): Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  16. myoptilus, en: James A. Jobling (2010): Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  17. Vencejo de Shoa. Schoutedenapus myoptilus (Salvadori, 1888) en AviBase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Chantler, Phil (1995): Swifts: A Guide to the Swifts and Tree Swifts of the World. Mountfield, East Sussex, UK: Pica Press. ISBN 978-0-3000-7936-4.
  • Chantler, P. & Kirwan, G. M. (2019): "Scarce Swift (Schoutedenapus myoptilus). En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D. A. & de Juana, E. (eds.) Handbook of the Birds of the World Alive. Volume 5: Barn-Owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions.
  • Joseph del Hoyo, Andrew Elliot e Jordi Sargatal, eds. (1999): Handbook of the Birds of the World. Volume 5: Barn-owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.
  • Josep Del Hoyo, Nigel J. Collar, David A. Christie, Andrew Elliott e Lincoln D. C. Fishpool (2014): HBW and Birdlife International Illustrated Checklist of the Birds of the World, Volume 1 Non-Passerines. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]