Antoon De Roo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antoon De Roo
Nome completoAntoon Emeric Marcel De Roo
Nacemento26 de agosto de 1936
 Roeselare, Flandres Occidental (Bélxica)
Falecemento25 de febreiro de 1971
NacionalidadeBélxica
Alma máterUniversidade Católica de Lovaina
Ocupaciónornitólogo
EstudosLicenciado en Bioloxía
editar datos en Wikidata ]

Antoon Emeric Marcel De Roo, nado o 26 de agosto de 1936 en Roeselare, provincia de Flandres Occidental, e finado o 25 de febreiro de 1971, foi un ornitólogo belga que estudou aves africanas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De Roo xa estaba cientificamente activo antes de recibir a súa licenciatura en bioloxía na Katholieke Universiteit te Leuven (Universidade Católica de Lovaina) en 1959. Xunto co seu amigo Paul Houwen observou durante a súa época de estudante as colonias de aves de Roeselare. En 1954 converteuse en membro do Centro belga de aves, onde se centrou principalmente na marcaxe, medición e exame das aves do grupo das salanganas.

De Roo estudou as aves do "Musée Royal de l'Afrique Centrale" de Tervuren, municipio belga da provincia do Brabante Flamengo.[1]

En 1967, De Roo describiu e nomeou a especie Chlorocichla prigoginei,[2] unha paseriforme da familia dos picnonótidos,[3] endémica do leste da República Democrática do Congo.[4]

Así mesmo, en 1968 tamén describiu o deu o nome ao xénero da familia dos apódidos Schoutedenapus,[5] da tribo dos colocaliinos.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura De Roo emprégase para recoñecer a Antoon De Roo como autoridade na descrición e taxonomía en Zooloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]