Tommaso Salvadori

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tommaso Salvadori
Salvadori Tommaso 1835-1923.jpg
Fotografía de Tommaso Salvadori
Nome completoAdelardo Tommaso Salvadori Paleotti
Nacemento30 de setembro de 1835
 Porto San Giorgio, provincia de Fermo, As Marcas
Falecemento9 de outubro de 1923
 Turín
Nacionalidadeitaliana
Alma máterUniversidade de Roma, Universidade de Pisa
Ocupaciónmedicina, ornitoloxía
EstudosLicenciado en Medicina
PremiosMembro da Sociedade Zoolóxica de Londres
membro da Academia das Ciencias de Turín
editar datos en Wikidata ]

Tommaso Salvadori, tamén coñecido como conde Adelardo Tommaso Salvadori Paleotti, ou conde Adlard Tommaso Salvadori, nado o 30 de setembro de 1835 en Porto San Giorgio, provincia de Fermo, rexión das Marcas, e finado o 9 de outubro de 1923 en Turín, foi un nobre, político, patriota, médico e naturalista italiano. Quizais foi o ornitólogo italiano máis importante de todos os tempos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tommaso Salvadori naceu en Porto San Giorgio, provincia de Fermo, e era fillo do conde Luigi Salvadori e de Ethel Welby, unha dama inglesa.[1]

Comezou a estudar Medicina na Universidade de Roma, que continuou na de Pisa, onde se licenciou en 1835.[1]

Participou na expedición militar de Garibaldi a Sicilia (a Expedición dos Mil), servindo como oficial médico.[1]

Transferido a Turín, en 1863 foi axudante do Museo de Zooloxía, converténdose en vicedirector do Real Museo de Historia Natural de Turín en 1879,[1] cuxa importante colección ornitolóxica supervisou, reorganizou e ampliou.[2]

Salvadori interesouse pronto pola ornitoloxía, e publicou un catálogo das aves de Sardeña en 1862.[1]

Especializouse nas aves de Asia. Estudou as amplas coleccións de aves desta rexión conservadas mo Museo Civico de Storia Naturale di Genova, e as coleccións de aves da India oriental en París, Londres (no Museo Británico), Berlín e Leyden.[1]

En 1880, deixou ao Museo Británico de Historia Natural de Londres para traballar en tres volumes do seu catálogo de aves.[1]

Publicou máis de 300 artigos de ornitoloxía.[1]

Principais publicacións[editar | editar a fonte]

  • Monografia del Gener Ceyx Lacépède. Torino (1869) (Atti della Accademia delle Scienze di Torino)
  • Nuove specie di uccelli dei generi Criniger, Picus ed Homoptila Nov. Gen.. Torino (1871) (Atti della R. Accademia delle Scienze)
  • Intorno al Cypselus horus . Torino (1872) (Atti della R. Accademia delle Scienze) con O. Antinori
  • Intorno ad un nuovo genere di Saxicola . Torino (1872) (Atti della R. Accademia delle Scienze) con O. Antinori
  • Nuova specie del Genere Hyphantornis . Torino (1873) (Atti della R. Accademia delle Scienze)
  • Di alcune specie del Genere Porphyrio Briss.. Torino (1879) (Atti della R. Accademia delle Scienze)
  • Ornitologia della Papuasia e delle Molucche. Torino (1879) (Atti della R. Accademia delle Scienze)
  • Osservazioni intorno ad alcune specie del Genere Collocalia G.R. Gr.. Torino (1880) (Atti della R. Accademia delle Scienze)
  • Collezioni ornitologiche fatte nelle isole del Capo Verde da Leonardo Fea. Annali Museo Civico di Storia Naturale di Genova (2) 20: 1–32. (1889)
  • Catalogue of the Psittaci, or parrots, in the collection of the British museum. London (1891)
  • Catalogue of the Columabe, or pigeons, in the collection of the British museum. London (1893)
  • Catalogue of the Chenomorphae (Palamedeae, Phoenicopteri, Anseres) Crypturi and Ratitae in the collection of the British Museum. London (1895)
  • Due nuove specie di Uccelli dell'Isola di S. Thomé e dell'Isola del Principe raccolte dal sig. Leonardo Fea. Bollettino della Società dei Musei di Zoologia ed Anatomia comparata della R. Università di Torino (1901)
  • Uccelli della Guinea Portoghese raccolti da Leonardo Fea. Annali del Museo Civico di Storia Naturale di Genova (1901)
  • Caratteri di due nuove specie di Uccelli di Fernando Po. Bollettino della Società dei Musei di Zoologia ed Anatomia comparata della R. Università di Torino (1903)
  • Contribuzioni alla ornitologia delle Isole del Golfo di Guinea. Memorie della Reale Academia delle Scienze di Torino, serie II, tomo LIII (1903)
    • I – Uccelli dell'Isola del Principe
    • II – Uccelli dell'Isola di San Thomé
    • III – Uccelli di Anno-Bom e di Fernando Po

Eponimia[editar | editar a fonte]

Tommaso Salvatori en 1905.

Na súa memoria foi creado o Museo di Scienze Naturali "T. Salvadori" di Fermo, utilizando como base a súa su colección de ornitologçxía, que doou ao mesmo.

Xénero de aves
Especies

O faisán de Salvadori (Lophura inornata) leva o seu nome, así como o varano monitor (Varanus salvadorii).[3] que tamén se coñece comunmente como monitor de Salvadori, monitor de Papúa ou artelia.

Moitas especies de aves levan tamén o seu nome, por exemplo, Psittaculirostris salvadorii, Micropsitta keiensis, Caprimulgus pulchellus, Eremomela salvadorii, Serinus xantholaemus, Salvadorina waigiuensis e outros.

Especie descrita por Salvadori

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Salvadori emprégase para recolecer a Tommaso Salvadori como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Count Adelardo Tommaso Salvadori Paleotti en "Notes and News". The Auk 41 (2): 384–385, 1924.
  2. Sitio do Museo di zoologia e anatomia comparata dell'Università di Torino: www.museounito.it Arquivado 20 de xullo de 2011 en Wayback Machine., consultado o 5 de xuño de 2019.
  3. Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press ISBN 978-1-4214-0135-5 ("Salvadori", p. 232).
  4. Salvadori, Tommaso (1876): Catalogo di una seconda collezione di uccelli raccolti dal Sig. L. M. D'Albertis nell'Isola Yule e sulla vicina costa della Nuova Guinea e di una piccola collezione della regione bagnata dal Fiume Fly Annali del Museo Civico di Storia Naturale di Genova, pp. 7-49.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • P. Passerin D'Entreves, A. Rolando & C. Violani (1986): "Tommaso Salvadori nel centocinquantenario della nascita (1835–1923)", Rivista Italiana di Ornitologia, II-56 (3/4): 133.
  • E. Arrigoni Degli Oddi (1923–24): "Cenni sulla vita e sulle opere di Tommaso Salvadori", Rivista Italiana di Ornitologia, 'I-6 (2): 66 .
  • G. Zanazzo, C. Violani & M. Pandolfi (1955): "Studio della Collezione ornitologica personale di Tommaso Salvadori conservata a Fermo". Atti VII Convegno Nazionale di Ornitologia, Suppl. Ric.Biol. Selvaggina, XXII: 15–21.
  • M. Pandolfi, C. Violani & G. Zanazzo (1994): L'opera scientifica di Tommaso Salvadori. Città di Fermo, Fermo: 1–7.