San Vicenzo de Curtis, Vilasantar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Vicenzo de Curtis
Igrexa de San Vicenzo de Curtis.
ConcelloVilasantar[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°05′22″N 8°04′03″O / 43.08953, -8.06752Coordenadas: 43°05′22″N 8°04′03″O / 43.08953, -8.06752
Poboación221 hab. (2019)
Entidades de poboación22[1]
editar datos en Wikidata ]

San Vicenzo de Curtis é unha parroquia que se localiza no nordés do concello de Vilasantar. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña 230 habitantes (135 homes e 95 mulleres)[2] distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 340 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.[3]

San Vicenzo de Curtis no Catastro de Ensenada (1752).
San Vicenzo de Curtis no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1847).[4]

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo Curtis proviría, con seguranza, de cohortis, isto é, da lexión que había no campamento romano da Ciadella, na contigua parroquia da Ciadella.[5][6] De feito, antigamente facíase referencia á Ciadella coma Cidadelie de Curtis.[7] Ademais, hai tamén outra parroquia contigua á Ciadella con igual topónimo: Santaia de Curtis.

Outra teoría máis improbábel é que procedese do oficio de curtidor de peles, presente antigamente por todo o territorio de Curtis.[8][9]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

Está situada no nordeste do concello de Vilasantar e no centro do arciprestado de Sobrado.

Limita ao leste coa parroquia da Ciadella (do concello de Sobrado) e ao norte nun pequeno tramo coa de Curtis (do concello homónimo), converxendo as tres no monte Enxameado.[10] Ademais, confina ao sueste coa de Vilariño, ao suroeste coa de Armental e ao noroeste coa de Fisteus (do concello de Curtis).

As tres parroquias de Curtis: Santaia de Curtis, A Ciadella (antiga Ciadella de Curtis) e San Vicenzo de Curtis.
As tres parroquias de Curtis: Santaia de Curtis, A Ciadella (antiga Ciadella de Curtis) e San Vicenzo de Curtis.
Noroeste: Fisteus (Curtis) Norte: Curtis (Curtis) Nordeste: Ciadella (Sobrado)
Oeste: Fisteus (Curtis) e Armental Rosa dos Ventos Leste: Ciadella (Sobrado)
Suroeste: Armental Sur: Armental e Vilariño Sueste: Vilariño

Historia[editar | editar a fonte]

Na antigüidade, as actuais terras da parroquia de San Vicenzo de Curtis ―xunto coas da Ciadella e de Curtis― formarían parte do Territorium Cohortis, isto é, o territorio xestionado directamente pola Cohors I Celtiberorum asentada no campamento romano da Ciadella.[6][11] A configuración desta terra ou territorio de Curtis perduraría na Alta Idade Media.[11]

Demografía[editar | editar a fonte]

Século XVIII[editar | editar a fonte]

1752[12] 1768[13] 1787[14]
Veciños Habitantes
65 294 497

Século XIX[editar | editar a fonte]

1826[15] 1831[16] 1836[17] 1845[4] 1857[18] 1860[19] 1887[20] 1900[21]
Veciños 138[a] 79 57 61 90
Habitantes 750[a] 400 400 199 489 493 596 662

     Dicionarios xeográficos     Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC)     Censos (poboación de feito)

Século XX[editar | editar a fonte]

1910[21] 1920[21] 1930[21] 1940[21] 1950[21] 1960[21] 1970[21] 1981[21] 1986[22] 1991[21] 1999[23] 2000[24]
Habitantes 628 641 616 745 749 736 565 458 430 358 340 325

     Censos (poboación de feito)     Padrón municipal

Século XXI[editar | editar a fonte]

2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010
317 309 304 295 283 278 272 268 270 268
2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020
263 257 256 244 231 239 233 230 221
Fonte: IGE (padrón municipal)[25]
Gráfica de evolución demográfica de San Vicenzo de Curtis entre 1887 e 2018
     Poboación de feito segundo os censos de poboación.     Poboación segundo o padrón municipal.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Vicenzo de Curtis é unha construción de pequeno tamaño, cunha nave de planta rectangular. Os muros están realizados en cadeirado de granito. A espadana posúe unhas equilibradas proporcións decorativas.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Vicenzo de Curtis[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Vicenzo de Curtis no concello de Vilasantar (A Coruña)

Baamonde | Brai | A Casa do Vento | A Casavella | O Ceao | Cezar | Eirixe | A Fortaleza | Guillareo | Liñares | Mourengos | O Pereiro | O Peteiro | As Ruadas | Santa Mariña | O Seixo | Turío | O Vao | Vilamaior | O Vilar | O Viso | Xemerás

Parroquias de Vilasantar[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vilasantar

Armental (San Martiño) | Barbeito (San Salvador) | Mezonzo (Santa María) | Présaras (San Pedro) | San Vicenzo de Curtis (San Vicenzo) | Vilariño (Santa María) | Vilasantar (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. "Instituto Nacional de Estadística. (Spanish Statistical Institute)". www.ine.es (en castelán). Consultado o 2018-05-09. 
  3. "Arciprestado de Sobrado". Arquidiocese de Santiago de Compostela. Consultado o 3.12.2018. 
  4. 4,0 4,1 Madoz, Pascual (1847). Curtis (San Vicente de). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) VII (Madrid). p. 289. 
  5. Rodríguez Colmenero, Antonio; Ferrer Sierra, Santiago; Álvarez Asorey, Rubén D. (2004). Miliarios e outras inscricións viarias romanas do noroeste hispánico (conventos bracarense, lucense e asturicense) (PDF). Gran Formato. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. p. 725. ISBN 84-95415-87-9. 
  6. 6,0 6,1 Costa García, José Manuel; Rodríguez Álvarez, Emilio; Varela Gómez, David (2011). "Del complejo militar romano al monacato altomedieval: aproximación a las transformaciones del espacio interior galaico entre los siglos I y X d. C. a partir de los asentamientos de A Cidadela (Sobrado dos Monxes, A Coruña)" (PDF). Estrat Crític: Revista d'Arqueologia (en castelán) (5, 2): 459. ISSN 1887-8687. 
  7. Tombo de Sobrado, folios 56r-58r (c. 995), en Flórez, Henrique (1765). España Sagrada (en latín) 19. Madrid. p. 386. Ecclesiæ Sanctæ Mariæ Cidadelie de Curtis 
  8. Vázquez Rouco, Sergio (2002). Santa Eulalia de Curtis: Cuna de San Pedro de Mezonzo. Coto - Monasterio - Parroquia (en castelán). Teixeiro. pp. 23–27. 
  9. "Historia". Concello de Curtis. Consultado o 5.5.2019. 
  10. Enxameado. Enciclopedia Galega Universal. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 25 de decembro de 2018. 
  11. 11,0 11,1 Costa García, José Manuel; Varela Gómez, David (2011). "A Cidadela después de Roma: introducción al estudio del yacimiento y su entorno durante el periodo medieval" (PDF). Gallaecia (en castelán) (Universidade de Santiago de Compostela) (30): 188–189. ISSN 0211-8653. 
  12. Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán). II: Nomenclatores. Madrid: INE. 2016 [1993]. p. 138. ISBN 978-84-260-2716-0. 
  13. Censo de Aranda (PDF) (en castelán). IX: Diócesis de Santiago, Segorbe y Segovia. Madrid: INE. 2013 [2011]. p. 154. ISBN 978-84-260-3760-2. 
  14. Censo de 1787 “Floridablanca” (PDF) (en castelán). IV: Comunidades autónomas del Norte Atlántico. Madrid: INE. 2016 [1990]. p. 3851. ISBN 978-84-260-1970-7. 
  15. Miñano, Sebastián (1826). Curtis (Sta. Eulalia y San Vicente de). Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal (en castelán) III (Madrid). p. 269. 
  16. Curtis (San Vicente de). Diccionario geográfico universal (en castelán) II (Barcelona). 1831. p. 1200. 
  17. Fariña Jamardo, Xosé (1990). Os concellos galegos. Parte Xeral. Fundación Barrié. p. 142. ISBN 978-84-87819-06-3. 
  18. Nomenclátor de los pueblos de España (en castelán). Madrid. 1858. p. 249. 
  19. Nomenclátor estadístico de las parroquias que componen la provincia de La Coruña (en castelán). A Coruña. 1863. pp. 18–19. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 16 de novembro de 2018. 
  20. "Provincia de La Coruña". Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1.º de enero de 1888 (en castelán). III: Ciudad Real á Gerona. Madrid. 1892. p. 158-159. 
  21. 21,00 21,01 21,02 21,03 21,04 21,05 21,06 21,07 21,08 21,09 Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 123. ISBN 978-84-605-3156-2. 
  22. Torres Luna, María Pilar de; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 52. ISBN 978-84-7191-529-0. 
  23. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018. 
  24. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018. 
  25. Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2002", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2003" (XLS) ; "2004", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2005", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2006" (XLS) ; "2007", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2008", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2009", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2010", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2011", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2012", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2013", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2014", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2015", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2016", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018  e "2017", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 . Instituto Galego de Estatística (IGE).
  1. 1,0 1,1 Datos coa (ou da) parroquia de Curtis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]