Saltar ao contido

San Lourenzo, Coruxo, Vigo

San Lourenzo
ParroquiaCoruxo
ConcelloVigo
Coordenadas42°11′33″N 8°46′13″O / 42.192475061423, -8.7701739954226
Poboación69 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

San Lourenzo é un lugar da parroquia de Coruxo no concello pontevedrés de Vigo, na comarca de Vigo.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 69 habitantes (28 homes e 41 mulleres).

Celebracións

[editar | editar a fonte]

Neste lugar celébranse as festas de San Lourenzo do 9 ao 11 de agosto, aínda que tradicionalmente só se celebraba a véspera (día 9) e o día grande (día 10). A comisión de festas de San Lourenzo leva a cabo diferentes actos ao longo do ano, como a Festa dos Ovos con Chourizo e varias ceas-baile.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • Ermida de San Lourenzo, xa documentada no século XVIII. No muro do lateral esquerdo consérvase unha inscrición bastante ilexible enriba da fiestra.
  • Castro de San Lourenzo, un antigo poboado fortificado do que se conservan un foxo e un forte desnivel a modo de protección.
  • O Penedo, un promontorio coroado cunha gran laxe (e outras máis cativas) con varios gravados e pozas, como o Pozo de San Lourenzo, que expertos[quen?] relacionan cun lugar de sacrificios precristiáns. Segundo esta teoría, deitaríase o corpo sobre a parte alta do penedo e o sangue correría por dúas canles escarvadas na rocha ata chegar ao pozo. Antigamente facíanse misas durante os días das festas e varios rituais que xiran en torno á un petróglifo do que se di que ten gravadas as marcas que deixou a grella onde foi martirizado San Lourenzo no propio Penedo.

Hai varias lendas arredor do monte do Gato, entre o barrio de San Lourenzo e o de Tintureira. Unha das máis importantes é que á entrada dunha suposta cova que une o barrio de San Lourenzo co de Fragoselo nas noites de lúa chea saía unha moura loira a peitear os seus cabelos enriba dunha laxe ou penedo.

Lugares da Parroquia de Coruxo

[editar | editar a fonte]

Lugares de Coruxo

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Coruxo no concello de Vigo (Pontevedra)

Abade | Os Bouzós | Breadouro | Burdés | A Calzada | O Carballal | A Carrasqueira | O Ceán | O Combro | Coruxo de Abaixo | O Cotarelo | Couto de Abaixo | Couto de Arriba | Fontela | Fragoselo | A Gándara | O Gato | A Igrexa | As Laxes | A Longra | A Luz | Melcas | Moláns | Muíños | A Parrocha | A Pedreira | As Quintas | O Río | Romeu | As Roteas | O Rozo | San Lourenzo | A Silveira | A Taberna | Tarrío | A Tintureira | Toralla | A Torre | O Vao | O Verdeal | Viñó

Parroquias de Vigo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

  1. Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Coruxo, Vigo". Consultado o 18 de maio de 2023. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]