Goberno de Navarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Escudo de Navarra
Palacio de Navarra, sede da Presidencia do Goberno de Navarra.

O Goberno de Navarra ou Deputación Foral de Navarra (en castelán: Gobierno de Navarra; en éuscaro: Nafarroako Gobernua) é a institución de carácter executivo en que se organiza o autogoberno da Comunidade Foral de Navarra (España). Os seus poderes quedaron regulados no "Amejoramiento" de 1982 no seu Capítulo III Art. do 23 ao 28.

A pesar da dobre denominación da institución, é a primeira a que se emprega actualmente, isto permite distinguila da antiga Deputación Provincial existente ata 1982 que tiña carácter de corporación local, mentres que esta ten carácter de órgano executivo.

O Amejoramiento asígnalle a función executiva, regulamentaria e administrativa e a de velar especialmente pola defensa da integridade do réxime foral de Navarra, debendo dar conta ao Parlamento de Navarra de calquera contraforo que puidese producirse.

Así mesmo a figura do Presidente do Goberno de Navarra está establecido no Capítulo IV Art. 29 e 30, é elixido polo Parlamento de Navarra, designa e separa aos demais membros do Goberno e ostenta a máis alta representación da Comunidade Foral e a ordinaria do Estado en Navarra. Pode cesar se o Parlamento aproba unha moción de censura ou se lle denega a súa confianza.

Presidentes[editar | editar a fonte]

Desde as primeiras eleccións democráticas de 1979 houbo dous presidentes de UCD na Deputación Foral de Navarra. Posteriormente, o Goberno de Navarra tivo dous presidentes do PSN e tres de UPN. Actualmente a presidenta é de Geroa Bai.

Presidentes do Goberno de Navarra
(da Deputación Foral de Navarra ata 1984)
Inicio Fin Partido
Jaime Ignacio del Burgo Tajadura 1979 1980 UCD
Juan Manuel Arza Muñazuri 1980 1984 UCD
Jaime Ignacio del Burgo Tajadura 1984 1984 UCD
Gabriel Urralburu Tainta 1984 1991 PSN-PSOE
Juan Cruz Alli Aranguren 1991 1995 UPN
Javier Otano Cid 1995 1996 PSN-PSOE
Miguel Sanz Sesma 1996 2011 UPN
Yolanda Barcina Angulo 2011 2015 UPN
Uxue Barkos Berruezo 2015 actualidade Geroa Bai

Departamentos[editar | editar a fonte]

Estes son os departamentos que compón o Goberno de Navarra tras as eleccións autonómicas e municipais celebradas en 2015.[1]

Departamentos e Conselleiros/as do Goberno de Navarra 2015
Presidenta do Goberno de Navarra: Uxue Barkos Berruezo
Departamento Conselleiro/a Partido
Vicepresidencia Económica, Consellería de Industria, Innovación e Desenvolvemento, Relacións Laborais, Comercio, Turismo e Fomento Manu Ayerdi Geroa Bai
Vicepresidencia Social, Consellería de Políticas Sociais, Emprego e Vivenda Miguel Laparra Izquierda-Ezkerra
Consellería de Economía e Facenda Mikel Aranburu Geroa Bai
Consellería de Educación José Luis Mendoza Geroa Bai
Consellería de Saúde Fernando Domínguez Geroa Bai
Consellería de Cultura, Participación, Deporte e Xuventude Ana Herrera Geroa Bai
Consellería de Desenvolvemento Rural, Administración Local, Medio Ambiente e Ordenación do Territorio Isabel Elizalde EH Bildu
Consellería de Presidencia, Función Pública, Interior, Xustiza, Axencia Navarra de Emerxencias, Goberno Aberto e Transparencia María José Beaumont EH Bildu
Portavocía do Goberno, Consellería de Política Lingüística, Igualdade, Paz e Convivencia Ana Ollo Geroa Bai

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]