Saúl Fernández
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 9 de abril de 1985 Trevías, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 176 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2003 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Saúl Fernández García, nado en Oviedo e criado en Trevías (Asturias) o 9 de abril de 1985, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Saído dun club humilde como é o Club Deportivo Treviense, club da súa vila, debutou co Sporting de Gijón B en 2003, onde tras 2 tempadas, decidiu marchar ao Málaga CF e dar o salto a Segunda División. Durante as súas dúas tempadas en Málaga, alternou aparicións co primeiro equipo e co filial, chegando a debutar en Primeira División, situación que se repetiu durante a súa etapa no Levante UD. No verán de 2008 asinou polo Elche CF, onde se consolidou como titular.
No verán de 2010 fichou polo Deportivo da Coruña, tras acabar o seu contrato co Elche.
O 31 de xaneiro de 2013 rescindiu o seu contrato co Deportivo e firmou pola SD Ponferradina.[1][2]
O 22 de abril de 2014, logo de ter sufrido lesións graves en ambos nocellos que non lle permitiron debutar en toda a tempada, e ser operado varias veces, anunciou a súa retirada do fútbol profesional.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Deportivo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Saúl y Bodipo rescinden sus contratos con el Deportivo"
- ↑ ""La S.D. Ponferradina cierra la incorporación de Saúl"". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2013. Consultado o 31 de xaneiro de 2013.