Sonia Delaunay
Sonia Delaunay | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Stern, Sara Elievna, Terk, Sonia, Uhde, Mrs. Wilhelm e Delaunay, Mrs. Robert |
Nacemento | 14 de novembro de 1885 e 1885 |
Lugar de nacemento | Hradyzk |
Falecemento | 5 de decembro de 1979 e 1979 |
Lugar de falecemento | VII Distrito de París e París |
Soterrada | Gambais |
Nacionalidade | Rusia e Imperio Ruso |
Alma máter | Ucraína |
Ocupación | pintora, deseñadora, deseñador de moda, artista gráfica, gravadora, architectural draftsperson, tapestry designer e debuxante |
Cónxuxe | Robert Delaunay e Wilhelm Uhde |
Fillos | Charles Delaunay |
Premios | cabaleiro da orde das Artes e as Letras e Oficial da Lexión de Honra |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sonia Delaunay, nada en Odesa (Ucraína) o 14 de novembro de 1885 e finada en París o 5 de decembro de 1979, foi unha pintora ucraína, como Sonia Terk no seo dunha familia xudía asquenací.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1890 Delaunay mudouse a San Petersburgo para vivir co seu tío. Entre os anos 1904 e 1905 Sonia fixo varios cursos de pintura en Karlsruhe Alemaña. No ano 1906 Sonia Terk mudouse a París. En 1910 casou co artista francés Robert Delaunay, co cal fundou o movemento de Orfismo en 1912, caracterizado polo uso de cores fortes e formas xeométricas. En 1914 participou con Prismes Electrique no Salon des Independants, xunto con Alexander Archipenko, Kasimir Malevitch, Vadym Meller, Aleksandra Ekster entre outros. Nese mesmo ano mudouse a Madrid. Entre os anos 1915 e 1916 viaxou xunto co seu marido a Portugal. Pintou acuarelas e desenvolveu as súas cerámicas. En 1920 Sonia Terk volveu a París. En 1924 montou o seu estudo de deseño de roupa xunto con Jacques Heim. Ó ano seguinte participou na Exposition Interationale des Arts Decoratifs et Industriels Modernes en París xunto con Nathan Altman, A. Ekster, V. Meller, A. Petritsky e David Shterenberg. Os seus traballos consistían en pinturas, deseño téxtil e de vestiario. Foi a primeira muller viva que tivo unha exposición introspetiva no Louvre en 1964, e en 1975 foi nomeada oficial da Lexión Francesa do Honor. Sonia Delaunay-Terk morreu en 1979 na cidade de París.
Traballou no deseño moderno incluíndo os conceptos de deseño abstracto, integración dos mobles, fábricas, murais e roupa.
Era amiga do poeta Blaise Cendrars e creou, innovando unha vez máis, un mural cunha representación da obra do poeta.
A súa contribución artística máis importante foi o deseño "simultáneo". Isto inclúe o concepto do Orfismo. Foi a inventora do punto polca, xunto co uso de zig-zags e outros deseños innovadores en fábricas, vestiario e mobles.