Mantra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A sílaba Om considérase un mantra no misticismo Vedanta

Mantra[1] (do sánscrito Man 'mente' e Tra 'instrumento') é unha sílaba ou poema relixioso normalmente en sánscrito. Os mantras orixináronse a partir do hinduísmo, porén tamén se empregan no budismo e xainismo.

Os mantras tibetanos son entoados como oracións, repetidas como as do cristianismo. Con todo, a diferenza do cristianismo, non constitúen propiamente un diálogo con Deus. O budismo mahayana do Tíbet usa mantras en tibetano, o zen budismo do Xapón úsaos en xaponés. John Blofeld encontrou en Hong Kong no comezo do século XX mantras cuxa lingua ninguén sabia identificar, e que parecían unha alteración dun orixinal sánscrito.

Para algunhas escolas, especificamente as de fundamentación técnica, mantra pode ser calquera son, sílaba, palabra, frase ou texto que teña un poder específico. Porén, é fundamental que pertenza a unha lingua morta, na cal os significados e as pronuncias non sofren a erosión dos rexionalismos por causa da evolución da lingua. Existen mantras para facilitar a concentración e meditación, mantras para enerxizar, para adormecer ou despertar, ou para desenvolver chakras ou vibrar canais enerxéticos coa fin de desobstruílos.

Mecanismo de funcionamento[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos, os occidentais que chegaron ao oriente tentaron explicar por que os mantras producen os efectos esperados. Blofeld, que estudou por dentro as culturas indiana e chinesa, notou que non é necesario saber o significado das palabras ditas.

Algúns psicólogos occidentais defenden que o mantra posúe unha enerxía sonora que move outras enerxías que envolven a quen o entoa. Blofeld observou que non importa a corrección da pronuncia: encontrou o mesmo mantra entoado de forma moi diferente en países diversos, e sempre producindo os efectos esperados.

Outra explicación sería a mesma usada para o efecto dos mudras: un xesto repetido por tantas persoas durante tantos séculos que creou un tipo de camiño enerxético - que podemos chamar de marca no akasha, ou no inconsciente colectivo - que é rapidamente seguido pola psique da persoa que o executa.

Algúns mantras comúns[editar | editar a fonte]

  • Asa To Ma (Védico) - Considerado un dos mais belos mantras do mundo
  • Om namah Shivaya (shivaísta)
  • Om namah shiva lingan (shivaísta)
  • Shiva Shiva maha dêva (shivaísta)
  • Om shiva Om Shakti Namah Shiva Namah Shakti (shivaista)
  • Om namah kundaliní (sánscrito)
  • Om mani padme hum (sánscrito)
  • Om namo bhagavate vasudevaya (do sánscrito)
  • Om tare tütare ture soha (tibetano)
  • Om tare tam soha (tibetano)
  • Nam myoho rengue kyo (Saddharma-pundarika Sutra en sánscrito)
  • Hare Krishna Hare Krishna Krishna Krishna Hare Hare Hare Rama Hare Rama Rama Rama Hare Hare (sánscrito).
  • Namerarenguékioh kioh namere klatisfas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "mantra". TERGAL. Consultado o 21/11/2019.