Revista Inviable
Revista Inviable | |
---|---|
País | España |
Lugar | Ourense |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 2020 |
Na rede | |
http://www.revistainviable.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A revista Inviable é unha publicación periódica dixital en lingua galega, de carácter cultural, periodicidade mensual e sen ánimo de lucro, fundada en marzo do ano 2020 por Jorge Emilio Bóveda, Eladio Medel e Francisco Javier Fontenla.
Descrición
[editar | editar a fonte]Está ligada á asociación cultural Revista Inviable da Xeración Illada, con sede na cidade de Ourense. Os distintos números da revista inclúen sobre todo banda deseñada, artigos de opinión e crítica literaria, contos, poemas, traducións, biografías e textos de carácter xurídico, escritos polos fundadores da revista ou por outros colaboradores da mesma. O financiamento da revista obtense a partir das cotas dos socios e das doazóns dos seus lectores.
Redacción
[editar | editar a fonte]Crean contidos habitualmente na revista: Xosé Manuel Pacho, Xosé Manuel Eyré, Abraham Vila, Valentín Barreiros, Vault, David González Gándara, Carlos Rego, Xerardo Méndez, Ramón Caride, Iván Fernández Pérez, Xulio Pardo de Neyra, Toño Guede, Francisco Javier Fontenla, Eladio Medel e Jorge Emilio Bóveda.
Colaboracións
[editar | editar a fonte]Colaboraron na publicación, entre outros, os seguintes autores: Anna R. Figueiredo, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Emma Pedreira, Fefa Vila, Diego Ameixeiras, Eli Ríos, César Lorenzo Gil, Andrea Barreira Freije, Antón Riveiro Coello, Eva Moreda, Carlos da Aira, Inma López Silva, Ramón Nicolás, Vanesa Santiago, Domingo Tabuyo Romero, Yolanda López López, Diego Giráldez, Antonio Manuel Fraga, María Canosa, Francisco Álvarez Koki, Marisol Gándara, Mercedes Queixas, Xavier Queipo, Baldo Ramos, Helena Villar Janeiro, Malores Villanueva, Manuel Portas, Alberte Momán, Arancha Nogueira, Roberto A. Rodrigues, Natalia Lema Otero, Alba Rozas Arceo, Mario Regueira, Camilo Franco, Xosé Manuel Eyré, Ramón Loureiro, Xulio Pardo de Neyra, Beto Luaces, Xesús Manuel Marcos, Luís Álvarez Pousa e Manuel Seixas.