Anna R. Figueiredo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anna R. Figueiredo
Anna R. Figueiredo escritora.jpg
Nacemento17 de setembro de 1979
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritora e profesora
editar datos en Wikidata ]

Ana Belén Rodríguez Rodríguez, coñecida polo pseudónimo Anna R. Figueiredo,[1] nada en Ourense o 17 de setembro de 1979, é unha profesora e escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou secundaria no Colexio Marista Santa María de Ourense e licenciouse en Física na Universidade de Santiago de Compostela. Viviu durante 5 anos a cabalo entre Gran Bretaña e Santiago de compostela[2] e doutorouse en 2009 na Universidade de Sheffield coa tese: The structure of all-polymer field effect transistors (O efecto da estrutura nos transistores poliméricos de efecto campo)[3]. Exerceu como profesora de Física e Tecnoloxía no ensino secundario en Santiago.

Colaborou tamén en banda deseñada a través de BD Banda (2008) e na publicación trimestral Contos estaños (2012).

En 2018 gañou o Premio Viadutos de Novela con Os Bicos feridos. Na novela unha moza que emigra a Londres sostén unha trama en que “se van debullando temas de fondo calado como a importancia das redes sociais na vida moderna, a complexidade das relacións familiares, a maternidade ou o medo á morte”[4] Segundo Ramón Nicolás: "as páxinas de Os bicos feridos constrúense grazas a unha serie de diversas voces narrativas, tratadas con solvencia na súa singularidade, onde a presenza de recursos como son o uso das redes sociais ou ese continuo, e marabilloso, pano de fondo musical sempre presente, conforman unha novela intensa...".[5]

En marzo de 2019 a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia presentou Feminismos. A historia cóntana as vencedoras no que Anna R. Figueiredo fai un percorrido da situación das mulleres dende a prehistoria ata o día de hoxe.[6] A obra tamén fai un repaso do feminismo en Galicia, as vangardas e a loita polo empoderamento da muller no resto de España.[7]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Publicacións literarias de Anna R. Figueiredo[editar | editar a fonte]

Publicacións colectivas de Ana Belén Rodríguez sobre Física[3][editar | editar a fonte]

  • J. C. Pinto, G. L. Whiting, S. Khodabakhsh, L. Torre, A. B. Rodríguez, R. M. Dalgliesh, A. M. Higgins, J. W. Andreasen, M. M. Nielsen, M. Geoghegan, W. T. S. Huck, and H. Sirringhaus "Organic thin film transistors with polymer brush gate dielectrics synthesized by atom transfer radical polymerization" Adv. Funct. Mater. 18 36-43 (2008).
  • S. S. Chang, A. B. Rodríguez, A. M. Higgins, C. Liu, M. Geoghegan, H. Sirringhaus, F. Cousin, R. M. Dalgliesh, and Y. Deng "Control of roughness at interfaces and the impact on charge mobility in all-polymer field-effect transistors" Soft Matter 4 2220-4 (2008).
  • A. B. Rodríguez, M. M. Voigt, S. J. Martin, T. J. Whittle, R. M. Dalgliesh, R. L. Thompson, D. G. Lidzey, and M. Geoghegan "Structure of films of poly(3,4-ethylene dioxythiophene)-poly(styrene sulfonate) crosslinked with glycerol" J. Mater. Chem. 21 19324-30 (2011).
  • A. B. Rodríguez, M. R. Tomlinson, S. Khodabakhsh, J.-F. Chang, F. Cousin, D. Lott, H. Sirringhaus, W. T. S. Huck, A. M. Higgins, and M. Geoghegan "All-polymer field-effect transistors using a brush gate dielectric" J. Mater. Chem. C 1 7736-41 (2013).

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2014: Gañadora do Premio Quintal Literario na ANL da Uvigo: Carrapuchiña liberada de Ana Belén Rodríguez Rodríguez.[10]
  • 2014: 1ª Premio do IV Concurso de Relatos de Inspiración Científica Inspiraciencia. Categoría: Galego-Adulto: O bosón G de Higgs de Ana Belén Rodriguez.[11]
  • 2015: XIII CERTAME DE RELATO CURTO EN GALEGO “CONCELLO DE MUGARDOS” Letras Galegas 2015 “a nosa lingua, a nosa identidade”. Categoría iguais ou maiores de 18 anos: GAÑADOR: Ana Belen Rodríguez Rodríguez - Título: Mamacita!. Pseudónimo: Iseo Setelúas.[12]
  • 2018: Premio Viadutos de Novela.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: a". www.ogalego.eu. Consultado o 2019-03-05. 
  2. "Anna R. Figueiredo". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05. 
  3. 3,0 3,1 "Ana Belen Rodríguez-Rodríguez". www.markgeoghegan.org (en inglés). Consultado o 2019-03-05. 
  4. "Unha novela sobre migracións contemporáneas gaña o Viadutos de Redondela". Sermos Galiza. Consultado o 2019-03-05. 
  5. Nicolás, Ramón (2019-02-02). "Os bicos feridos, de Anna R. Figueiredo". Caderno da crítica. Consultado o 2019-03-05. 
  6. "A Xunta presenta o libro “Feminismos. A historia cóntana as vencedoras” que fai un percorrido pola historia do feminismo desde a prehistoria". igualdade.xunta.gal. Consultado o 2019-03-05. 
  7. "'Feminismos', un manual para comprender a loita das mulleres ao longo da historia". Galicia Confidencial. Consultado o 2019-03-05. 
  8. "Os bicos feridos". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05. 
  9. Valverde, Alberte (Abril, maio, xuño 2019). "Un remuíño de sombras no século 21". Grial LVII (222). ISSN 0017-4181. 
  10. "Premios Quintal Literario - María Belén Poutón Reboredo". cmar.media.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-05. 
  11. "IV Concurso de Relatos de Inspiración Científica Inspiraciencia". www.aelg.gal. Consultado o 2019-03-05. 
  12. "Fallo do Certame de Relato Curto" (PDF). concellodemugardos.gal. Consultado o 05/03/2019. 
  13. culturagalega.org (2018-07-27). "A obra 'Os bicos feridos' acadou a unanimidade do xurado". culturagalega.org. Consultado o 2019-03-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]