Jorge Emilio Bóveda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJorge Emilio Bóveda

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa, literatura infanto-xuvenil, ensaio
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Facebook: jemilioboveda AELG: 342 Editar o valor em Wikidata


Jorge Emilio Bóveda Álvarez, nado en Ourense o 9 de xuño de 1975, é un escritor galego.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en Linguas Estranxeiras pola Universidade de Vigo traballa coma mestre de lingua inglesa[3] ademais de colaborar con varios medios xornalísticos e literarios.

Comezou a escribir de moi novo e as súas primeiras incursións visibles na narrativa foron nos certames de Relatos de Verán de La Voz de Galicia, resultando finalista no ano 2000 co relato titulado "Un cambio en su vida". Foi baixista e vocalista en varios grupos de Rock, escribiu guións para curtametraxes e estivo vinculado á prensa, colaborando nos periódicos Mundourense, Ourense por Barrios e Noticias Galicia tanto na súa faceta de articulista como na de debuxante de humor gráfico. En canto á narrativa comezou a publicar profesionalmente no 2010 grazas ao editor David González Couso.

Escribiu a primeira obra en galego sobre a historia do cinema de terror (A xanela escura. Urco 2011) e un ensaio sobre a ficción científica literaria cun capítulo adicado ao tratamento dese xénero na literatura galega (A xanela insólita. Urco 2014). É artífice da autodenominada "Xeración Illada" con Eladio Medel e Francisco Javier Fontenla,[4] cuxo manifesto foi lido na feira do libro de Ourense en 2019 durante a presentación dun libro de Bóveda. Tamén é un dos responsables da Revista Inviable de dita xeración.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Ensaio e artigos[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Relatos de verán (2000). Ir indo edicións.
  • Relatos de verán (2002). Ir indo edicións.
  • A Coruña á luz das letras (2008). Editorial Trifolium.
  • Letras novas (2008). Asociación de Escritores en Lingua Galega. Relato Os Golems.
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010). Toxosoutos. Relato O libro común.
  • Contos estraños nº 1. Anoiteceres estraños (2012). Contos estraños editora. Relato Sentenzas de volta.
  • Contos estraños nº 3. Vieiros do mañá (2012). Contos estraños editora. Relato A familia do tempo.
  • Contos estraños nº 6. Lendas da Gallaecia (2013). Contos estraños editora. Relato Vampiros no Eirado.
  • Xabarín 18 (2013). EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
  • Contos estraños nova era (2014). Contos estraños editora. Colección de relatos Xeonautas.
  • Contos estraños nº 9. Relatos apocalípticos (2016). Urco editora. Relato Heorot.
  • Contos estraños nº11. A revolución de Prometeo (2017). Urco editora. Relato A resurrección de Herminio Espada.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Baúles (2004). Liberlibro.
  • Proyecto "Allende" (2004). Liberlibro.
  • El efecto sufijo (2005). Liberlibro.
  • Vuesencia: narraciones en amarillo, negro y verde : narraciones grotescas, inquietantes y esperanzadoras (2008). Liberlibro.
  • El gallo de morón__ o El tercer motivo (2009). Liberlibro.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Nudos (2009). Liberlibro.
  • Un intruso sonoro (2009). Liberlibro.
  • En el envés de la luna (2009). Círculo poético orensano.
  • Colectivo 1 (2010). Concello de Ourense.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Finalista premio de novela Do peirao 2017 por O libro cero
  • Premio de novela Do Peirao 2018 por Eternos propietarios
  • Finalista en Inspiraciencia 2022 por Logos Arena

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jorge Emilio Bóveda". www.aelg.gal. Consultado o 2022-03-13. 
  2. "Jorge Emilio Bóveda". Urco Editora. Consultado o 2022-03-13. 
  3. "autor/a Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-13. 
  4. "Jorge Emilio Bóveda". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2022. Consultado o 2022-03-13. 
  5. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-13. 
  6. asociacionescritoras-es. "Ourense: Jorge Emilio Bóveda presenta libro Axenda cultural AELG::". Consultado o 2022-03-13. 
  7. Nicolás, Ramón (2014-01-12). ""A xanela insólita", de Jorge Emilio Bóveda e "Karlotti, un poema crónico", de Marcos Lorenzo". Caderno da crítica. Consultado o 2022-03-13. 
  8. "O monstro de ille". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-03-13. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]