César Lorenzo Gil
César Lorenzo Gil | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1977 |
Lugar de nacemento | Arbo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | xornalista e editor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
César Lorenzo Gil, tamén coñecido como César Cequeliños,[1] nado en Cequeliños-Arbo en 1977, é un xornalista, editor e escritor galego.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Xornalismo na USC. Foi coordinador de A Nosa Terra Diario (2008-2011). Colaborou en Praza Pública.[3] É director de Aira Editorial e editor da revista literaria Biosbardia. Forma parte do comité de redacción da revista Luzes e do consello de redacción de Protexta.[4]

Foi correspondente de El Correo Español-El Pueblo Vasco en Galicia, redactor en Meta Sport, colaborador de EFE.[5]
Obra[editar | editar a fonte]
Asinada como César Cequeliños.
Novela[editar | editar a fonte]
- A gran novela galega (2023). Cangas: Rinoceronte Ed. 256 páxs. ISBN 9788419040077. Foi publicada por entregas en Biosbardia.[6]
Infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]
- Animais míticos do Camiño de Santiago (2022). Allariz: Aira Ed. 40 páxs. ISBN 9788412559316.
- Historia da Galicia pequeniña (2022). Allariz: Aira Ed. 64 páxs. ISBN 9788412451290. Con Jorge Campos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: c". www.ogalego.eu. Consultado o 2023-04-13.
- ↑ "Quen somos". BiosBardia. 2013-10-21. Consultado o 2023-03-04.
- ↑ César Lorenzo Gil
- ↑ César Lorenzo Gil
- ↑ "César Lorenzo Gil, director de Aira Editorial: «Somos un selo xeneralista, con menos obras pero cunha edición moi coidada»". La Voz de Galicia. 2022-02-13. Consultado o 2023-03-04.
- ↑ "A gran novela galega". BiosBardia. Consultado o 2023-04-13.