Eladio Medel
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de maio de 1973 Maside |
| Educación | Universidade de Vigo |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, poeta |
Eladio Medel Iglesias, nado en Maside o 21 de maio de 1973, é un avogado e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutor en Dereito pola Universidade de Vigo, exerce como avogado en Ourense desde o ano 2000.
Como escritor publicou o poemario Fóra do muro (2010) e o ensaio Compliance. Modelo e sistema de prevención penal (2018) que logo da reforma do Código Penal en 2015 explica como se ten que producir a introdución do compliance officer na empresa. Colabora na revista INviable.[1]
Foi militante de Podemos, e nas eleccións xerais de 2015 encabezou a candidatura Ourense pola Esquerda[2].
Obra
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Compliance. Modelo e sistema de prevención penal. Universidade de Vigo, 2018 (libro electrónico)[3].
Poesía
[editar | editar a fonte]- Fóra do muro, 2010, Concello de Vilagarcía de Arousa. Traducida ao castelán como Fuera del muro, 2020, Editorial Lumamia (libro electrónico).
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Administración Pública, 2005, Grupo Academia Postal.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015 (libro electrónico).
Premios
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ INviable
- ↑ Xurxo Salgado (16 de decembro de 2015). "“Desde os micromundos provinciais tamén se pode transformar”". Galicia Confidencial. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2025. Consultado o 02 de abril de 2021.
- ↑ "Compliance. Modelo e sistema de prevención penal" (PDF).