Xosé Manuel Pacho Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Manuel Pacho Blanco
Xosé Manuel Pacho Blanco (AELG)-1.jpg
Nacemento1974
 Ourense, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
EstudosDereito e Ciencias Políticas e da Administración
editar datos en Wikidata ]

Xosé Manuel Pacho Blanco, nado en Ourense en 1974, é un escritor, avogado e profesor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito (1997) e Ciencias Políticas e da Administración (2013), Doutor en Dereito (2016), e avogado dende os 23 anos, Xosé Manuel Pacho ten colaborado en diferentes proxectos no eido cultural, así como con diversas institucións, como o Consello da Avogacía Galega, a Orde de Advogados de Portugal, a Universidade Autónoma de México, a Universidade Paris III, a Nouvelle Sorbonne, o CEAJ, a Avogacía Española, a Fundación Vicente Risco, a Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto e a Cátedra de Estudos Galegos da Universidade do País Vasco, entre as máis relevantes.

Ten publicado tamén recensións de libros sobre temas vinculados á filosofía política, ao dereito político e á literatura. A súa actividade abrangue ademais colaboracións con prensa escrita, na que ten falado, especialmente, de literatura, partidos políticos, política e dereito, temas sobre os que tamén ten dado varias conferencias.

Entre 2000 e 2005 foi director da Revista Xurídica Xeral Controversia, editada polo Colexio de Avogados de Ourense, e na actualidade é membro do Padroado da Fundación Vicente Risco.

Ámbito académico e investigador[editar | editar a fonte]

No eido académico ten sido profesor de Teoría Constitucional e Historia do Constitucionalismo na facultade de Dereito da Universidade de Vigo, e de Filosofía do Dereito e Teoría do Dereito na facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, tamén na Universidade de Vigo.

No eido da investigación publicou varios traballos en campos tan diversos como a Filosofía do Dereito, o Dereito Comparado e o Dereito Administrativo, así como o Dereito Político, o Dereito Civil, a Teoría Literaria e a Etnografía. Merecen especial mención os seus traballos sobre o Senado e a súa reforma, e sobre Frei Martín Sarmiento. Foi o relator-redactor máis novo do III Congreso de Dereito Galego (A Coruña, 2002), cun relatorio onde por primeira vez na historia do Estado español se pediu a equiparación das unións de feito ao matrimonio.

Ámbito literario[editar | editar a fonte]

Coa súa primeira novela, A choiva do mundo (editorial Galaxia), obtivo o Premio Torrente Ballester en 2007. Con ela, publicada en español no ano 2012 (La lluvia del mundo, editorial Funambulista), fixo a súa incursión no mundo literario, no que segue a obter éxitos da man doutros galardóns. Así, en 2011 a súa obra Paraísos é galardoada co V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico nas súas dúas categorías, a do xurado e a do público. Xa en 2013 obtén o Premio de Teatro Rafael Dieste cunha obra que escribiu xunto con Zé Paredes[1]. Trátase de Teatro, ou xeitos de cargar unha arma, que fai del o único escritor galego até o momento laureado co Torrente Ballester e o Rafael Dieste.

Obras[editar | editar a fonte]

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gañadores do Premio de teatro "Rafael Dieste"". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 09 de novembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]