Natalia Lema Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNatalia Lema Otero
Biografía
Nacemento1999 Editar o valor em Wikidata (24/25 anos)
Baíñas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Natalia Lema Otero, nada en Baíñas (Vimianzo) en 1999,[1] é unha escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lema Otero leva escribindo e publicando dende os dezaseis anos. O seu primeiro libro, Baos, fala da diáspora producida polo encoro da Fervenza hai máis de medio século.

O seu segundo libro, Prevención de riscos agrarios na Costa da Morte, é un manual que afonda nos perigos intrínsecos do sector primario, especialmente os envorcos de tractor e os accidentes por atrapamento con toma de forza.[2]

No 2021, editou o seu primeiro poemario, Do amor e o delirio,[3][4][5] con prólogo de Xusto López Carril.

Ten o recoñecemento de honra do Club Rotary Interact de Fernández (Arxentina) polo seu activismo a prol da erradicación da enfermidade da polio.

É columnista de La Voz de Galicia na edición de Carballo.[6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1º Premio Avelino Díaz (2017 e 2019)
  • 3º Premio Avelino Díaz (2018)[7]
  • 1º Premio Terras de Chamoso- Poesía (2017)
  • 1º Premio do XXV Certame de Poesía Concello de Cambre (2018)
  • Membro de Honra do Club Rotary Interact de Fernández (2017)
  • Premio Literatas (2019)
  • 1º Premio Territorio Vákner: Contos de misterio no Camiño (2022)
  • Áccesit V Premio Avelino Díaz (2022)
  • 1º Premio Terras de Chamoso-Poesía (2022)[8]
  • 2º Premio Territorio Vákner: Contos de misterio no Camiño (2023)
  • 2º Premio Xuventude Crea en categoría de Poesía (2023)[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Paula Vázquez (3 de abril de 2019). "Natalia Lema: «A literatura salvoume en momentos de soidade»". Que pasa na costa?. 
  2. David Gómez (21 de decembro de 2017). "Natalia Lema: «Hai excesiva confianza á hora de pensar que nunca ocorrerá un accidente de tractor»". El Progreso. 
  3. "Serra de Outes: presentación de Do amor e o delirio, de Natalia Lema Otero". axendacultural.aelg.gal/. 11 de marzo de 2022. Consultado o 29 de novembro de 2023. 
  4. T., Lidia (19 Decembro 2021). "‘Do amor e o delirio’, o novo poemario da escritora vimiancesa Natalia Lema". nhdiario.es. Consultado o 29 de novembro de 2023. 
  5. Lavandeira, Manuel (18 de decembro de 2021). "‘Do amor e o delirio’, primeiro poemario da vimiancesa Natalia Lema Otero". elcorreogallego.es. Consultado o 29 de novembro de 2023. 
  6. Natalia Lema en La Voz de Galicia.
  7. Redacción (10 de xuño de 2018). "A ASOCIACIÓN AVELINO DÍAZ DÁ A COÑECER OS GAÑADORES DOS SEUS CERTAMES". xornaldamariña.gal/. Consultado o 29 de novembro de 2023. 
  8. Redacción (18 de outubro de 2022). "Natalia Lema e Xosé Farruco gañan o certame literario Terras do Chamoso". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 29 de novembro de 2023. 
  9. "Un premio Xuventude Crea para la vimiancesa Natalia Lema". lavozdegalicia.es (en castelán). 28 de novembro de 2023. Consultado o 29 de novembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]