Luís Álvarez Pousa
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2014.) |
Luís Álvarez Pousa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de marzo de 1948 |
Lugar de nacemento | Vila de Rei |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | xornalista, catedrático e escritor |
Xéneros | Poesía, ensaio |
Estudos | Xornalismo |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luís Álvarez Pousa, nado en Vila de Rei (Trasmiras) o 8 de marzo de 1948, é un profesor galego titular de Xornalismo Especializado na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixe a revista mensual de información e opinión para o debate Tempos Novos, que impulsou e creou canda outras 150 persoas de toda Galicia no ano 1997.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Teoloxía pola Universidade Pontificia Comillas. Tamén é licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Formou parte do claustro de profesores da Facultade de Ciencias da Comunicación (Xornalismo) desde o ano da súa posta en marcha ata o da súa xubilación, en 1918, impartindo diversas materias, e ultimamente Xornalismo Especializado, sendo nesa súa condición vocal do Instituto de Estudios de Comunicación Especializada (IECE), ao que están adscritos unha grande parte dos profesores de Xornalismo Especializado das universidade españolas. Foi o creador das Xornadas do Cine en Ourense en 1973, dirixíndoas e coordinándoas canda o directivo do cine-club Padre Feijóo, Xosé Paz, ata o ano 1978, promovendo a primeira homenaxe que se lle dedicou en vida a Carlos Velo. As Xornadas convertéronse nun espazo de reivindicación dos chamados cinemas nacionais, concentrando en Ourense a presenza e participación dos estudosos, activistas e creadores dos cinemas catalán, vasco, canario e castelán. Colabora sobre temas de comunicación, cultura e xornalismo en diversas revistas especializadas, tendo impartido sobre estas cuestións numerosas conferencias dentro e fóra de Galicia.
Grupo Voz[editar | editar a fonte]
Exerceu como xornalista en La Voz de Galicia durante 23 anos, xornal no que foi o seu primeiro cronista político nos anos da Transición, creando e dirixindo ata 1984 o seu primeiro Suplemento de Cultura. No grupo Voz ocupou así mesmo outros cargos de responsabilidade: coordinador xeral de Video Voz-TV, primeiro, e coordinador xeral da Multimedia Voz, despois, deixando daquela o grupo para incorporarse como profesor ó equipo que puxo en marcha a Facultade de Ciencias da Comunicación. Durante os anos 90, mantivo en La Voz de Galicia canda o debuxante Miguelanxo Prado a sección de opinión "A contratempo". Dous dos premios que lle foron concedidos tiñan relación coa súa actividade xornalística: o Café del Bolengo (1985) ó mellor labor de opinión en Galicia, e o Atlántida-2003 que lle concedeu o Gremi d’Editors de Catalunya "pola súa traxectoria como promotor cultural e como xornalista cultural". Tamén recibiu o premio da Crítica de Ensaio e Pensamento 2000 pola súa obra A identidade fronte á rede.
Revistas e outras actividades[editar | editar a fonte]
Fundador das revistas Teima e Tempos Novos, que dirixe na actualidade. É tamén membro do consello asesor do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), e membro dos consellos de redacción das revistas Tempo Exterior e Criterios. Traballou tamén nos medios audiovisuais: dirixiu e presentou Encontros, o primeiro debate na historia da TVG, e o programa semanal Extramuros, sobre as culturas europeas na canle galega. É contertulio fixo desde hai dous anos[cando?] no programa Ganbara, de Radio Euskadi.
A principios dos 70 puxera en marcha e dirixiu as históricas Xornadas do Cine en Ourense. Entre o 9 de novembro de 1983 e o seu cesamento o 4 de xaneiro de 1985 foi director xeral de Cultura, na Xunta de Galicia, promovendo actuacións dinamizadoras e dotando a Galicia dunha infraestrutura cultural creando entón o Centro Dramático Galego e o Arquivo da Imaxe.[Cómpre referencia] Na Televisión de Galicia presentou e dirixiu os programas Encontros (1986) e Extramuros (1988).
É o director do Observatorio Galego dos Medios do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
É autor do poema "Sementeira", musicado por Fuxan os Ventos e que se converteu nunha das cancións máis populares en lingua galega.[Cómpre referencia]
Obra en galego[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Os cas da vida, 1972, Xistral.
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Prensa ameazada. Desde a transición ó fraguismo, Edicións Lea.
- A identidade fronte á rede. O reto mediático de Galicia na Sociedade da Información, 1999, Xerais.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal.
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Xermolos.
- Globalización e cambio de milenio, Xerais.
- Claves para unha información non sexista, 2010, Atlántica de Información e Comunicación de Galicia. Coordinador con Belén Puñal Rama.
- Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.
Edicións[editar | editar a fonte]
- A contrapelo, de Eduardo Blanco Amor, La Voz de Galicia.
- Figuracións, de Luís Seoane, La Voz de Galicia.
Estes libros foron publicados na colección Biblioteca Gallega, da que tamén foi coordinador editorial.
Obra en castelán[editar | editar a fonte]
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Periodismo de Fuente, Universidade Pontificia de Salamanca.
- Periodismo Especializado, Ariel.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 31. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Luís Álvarez Pousa na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.