Reserva de Caza do Kalahari Central

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 21°53′22″S 23°45′23″L / -21.88944, -23.75639

Reserva de Caza do Kalahari Central
Marco Legal
Figura de Protección: Parque nacional
Ano de constitución: 1961
Superficie: 52 800 km²
Lexislación:
Datos de interese
País: Botswana Botswana
Provincias:
Concellos:
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

A Reserva de Caza do Kalahari Central é un extenso parque nacional que se atopa no deserto do Kalahari de Botswana. Establecido no ano 1961, ten unha superficie de 52 800 quilómetros cadrados. Isto é máis que a superficie dos Países Baixos e representa case o 10% da superficie total de Botswana, o que a converte na segunda reserva de caza meirande do mundo.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Myrmecocichla formicivora.

O pobo san habitou as terras da reserva dende hai miles de anos cun estilo de vida de cazadores nómades.[2] Non obstante, dende mediados da década de 1990, o goberno de Botswana intentou expulsar o pobo san da reserva, afirmando que eran unha fuga de recursos financeiros a pesar dos ingresos do turismo. En 1997, tres cuartas partes de toda a poboación san foi trasladada da reserva e, en outubro de 2005, o goberno comezou novamente a movelos aos campos fóra do parque, deixando só uns 250 ocupantes permanentes.[3] En 2006, un tribunal de Botswana proclamou ilegal o desaloxamento e reafirmou o dereito dos san para volver á reserva. Así e todo, a partir do 2015, a maioría deles aínda tiñan bloqueado o acceso ás súas terras tradicionais na reserva. A prohibición nacional de caza fixo ilegal que seguisen practicando o seu estilo tradicional de vida como cazadores recolectores, aínda que si permite que se organicen partidas de caza privadas para os turistas.[4]

A mediados de setembro de 2008, un enorme lume queimou arredor do 80% da reserva (principalmente matogueiras). Descoñécese a orixe dese lume.[5][6] En 2014 abriuse unha mina de diamantes explotada por Gem Diamonds na parte sueste da reserva. A compañía estimou que a mina podería producir diamantes por valor de 4 900 millóns de dólares.

Fauna salvaxe[editar | editar a fonte]

Este parque é o fogar de numerosas especies animais como a xirafa, o elefante, o rinoceronte branco, o búfalo africano, a hiena pinta, a hiena parda, o ratel, a suricata, mangosta amarela, o Phacochoerus africanus, o guepardo, o caracal, o licaón, o raposo orelludo, o chacal de lombo negro, o raposo do Cabo, o leopardo, o león, o ñu azul, a cebra, o Taurotragus oryx, o Hippotragus niger, o Oryx gazella, a Antidorcas marsupialis, o Raphicerus campestris, o impala, o cudú maior, o porco formigueiro, o esquío terrestre do Cabo, a lebre do Cabo, porco espiño do Cabo, o Papio ursinus, o alcélafo caama e a avestruz. O terreo é maioritariamente chan e ondulado, cuberto de matogueiras e herbas que cobren as dunas de area e zonas de árbores máis grandes. Moitos dos vales dos ríos están fosilizados con salinas. Catro ríos discorren a través da reserva, incluíndo o Deception Valley, que comezou a formarse hai uns 16 000 anys.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Central Kalahari Game Reserve - Attractions - Tourism of Botswana". Arquivado dende o orixinal o 5 de maio de 2011. Consultado o 5 de maio de 2011. 
  2. "Central Kalahari Game Reserve - Botswana". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2007. Consultado o 26 de xuño de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Go2Africa.com (ed.). "Go2Africa.com". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2013. 
  4. Dixon, Robyn (28 de febreiro de 2015). "In Botswana reserve, Bushmen still being deprived of rights". Los Angeles Times. 
  5. Earthobservatory.nasa.gov, ed. (29 de agosto de 2008). "Report and satellite image from NASA". Consultado o 24 de setembro de 2013. 
  6. Michon Scott; Rebecca Lindsey (26 de setembro de 2008). NASA Earth Observatory, ed. "Huge Bushfire in the Kalahari". Consultado o 3 de maio de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]