O chacal de lombo negro (Canis mesomelas) é un membro da familia canidae nativo de dúas áreas de África separadas por 900km. Unha das rexións abrangue a parte sur do continente, incluíndo Suráfrica, Namibia, Botswana e Zimbabwe. A outra área esténdese pola costa leste do continente, en Kenya, Somalia, Djibuti e Etiopía. A súa situación está clasificada pola IUCN como pouco preocupante, debido a súa ampla distribución e adaptabilidade, malia que é perseguido por ser un depredador e por portar o vector da rabia.[1]
Comparado con outros membros do xéneroCanis, o chacal de lombo negro é unha especie antiga, que evolucionou pouco dende o Plistoceno,[2] sendo o cánido máis basal xunto co chacal raiado.[3] É un cánido con aspecto de raposo[4] con pel avermellada e unha mancha negra que percorre dende os ombreiros até a base do rabo.[5] É un animal monógamo, cuxas crías poden ficar coa familia para axudar a criar novas xeracións.[6]
↑Loveridge & Nel (2008). "Canis mesomelas". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo(en inglés). IUCN 2008. Consultado o 11 de maio de 2008. Database entry includes justification for why this species is of least concern
↑Kingdon, J. (1977), East African Mammals: An Atlas of Evolution in Africa, Volume 3, Part A: Carnivores, University of Chicago Press, p. 31
↑Estes, R. (1992). The behavior guide to African mammals: including hoofed mammals, carnivores, primates. University of California Press. pp. 404-408. ISBN 0-520-08085-8.