Saltar ao contido

Suricata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Suricata
Suricata suricatta
Johann Christian Daniel von Schreber 1776 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
S. suricatta Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Sinónimo taxonómico
Características
 Ciclo diurno
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeCarnivora
FamiliaHerpestidae
XéneroSuricata
EspecieSuricata suricatta Editar o valor en Wikidata
(Schreber, 1776) Suricata suricatta Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 Duración máxima de vida
20,6 a Editar o valor en Wikidata
 Período de xestación
11 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 3.600.000 anos Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01djxm Editar o valor en Wikidata
ITIS621906 Editar o valor en Wikidata
OTT803645 Editar o valor en Wikidata
UICN41624 Editar o valor en Wikidata
CoL7B5YQ Editar o valor en Wikidata
EOL311580 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 URL de xenoma secuenciado
Wikidata G:Commons C:Commons

O suricata (Suricata suricatta) é un pequeno mamífero carnívoro da familia dos herpéstidos.

Características

[editar | editar a fonte]

O seu corpo mide entre 25 e 30 cm máis un rabo duns 20 a 24 cm, o seu peso medio varía entre 730 gramos nos machos e 720 nas femias, aínda que hai exemplares que poden chegar aos 970 gramos. A pelaxe é xeralmente gris acastañada, ás veces castaña avermellada, o rabo é castaño escuro no cabo.

Distribución

[editar | editar a fonte]

O suricata habita no deserto do Kalahari e en chairas secas de Suráfrica, Namibia, Botswana e unha pequena zona de Angola.

Debido a que se desenvolve en zonas con escasa ou nula vexetación pode enxergar os depredadores de lonxe, vivindo en túneles subterráneos, alimentándose de insectos e outros pequenos animais así como de tubérculos e bulbos de plantas. Os suricatas viven en grupo, cada colonia pode consistir de vinte ou trinta membros, mentres os suricatas procuran comida ou mesmo descansa no exterior sempre hai un deles que permanece de vixía, poñéndose de pé, apoiado nas súas patas traseiras, á esculca de predadores coa misión de avisar ao resto de detectar perigo. Cada colonia conta cun macho e unha femia dominante, que son lixeiramente maiores que o resto. Só o macho dominante copula coas femias. A xestación dura de 70 a 77 días, normalmente paren de 2 a 4 crías, ás veces cinco, alimentándose do leite materno durante 4 ou 6 semanas.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]