Eduardo Rolland
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de novembro de 1969 (54 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Premios | |
Eduardo Rolland Etchevers, nado en Vigo o 4 de novembro de 1969, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Traballou como redactor nos xornais Expansión e Faro de Vigo. Actualmente traballa de forma independente, aínda que colabora co diario La Voz de Galicia e codirixe a páxina web de ciencia en galego GCiencia.
Obra
[editar | editar a fonte]Libros publicados
[editar | editar a fonte]- Galicia, rutas con historia (1997, Prensa Ibérica).
- Historia ilustrada de Vigo (colectivo, 1998, Prensa Ibérica).
- Phiccións (2000, Xerais).[1]
- La Batalla de Rande (2002, Prensa Ibérica).[2]
- Galicia en guerra (2006, Xerais).[3]
- Vigo, a cidade das ondas (2009, Lunwerg).[4]
- Reconquista. Vigo en armas (2009, Xerais).[5]
- Galicia (2011, National Geographic Society).[6]
- Pioneiras da ciencia en Galicia (2022, con Manuel Rey Pan)
Produción audiovisual
[editar | editar a fonte]- Serie documental Do Miño ao Ulla (12 capítulos) (Productora Faro, 1998).
- Documental A Arañeira, Galicia en Guerra (Productora Faro, 2006).[7]
- Documental Crimes en Galicia (Articket Media, 2006).[8]
- Documental "Novo Vigo Vello" (TVE, 2011)
- Serie documental "As Raíces da Industria Galega" (guionista) (13 cap.) (TVG, 2013)
Premios
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ elmurodeloslibros.com (ed.). "Phiccións". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 4 de maio de 2013.
- ↑ "Perfil en Linkedin de Eduardo Rolland". Consultado o 5 de marzo de 2022.
- ↑ "Galicia en Guerra, de Eduardo Rolland". 18 de setembro de 2011. Consultado o 4 de maio de 2013.
- ↑ "Vigo, a cidade das ondas". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2013. Consultado o 4 de maio de 2013.
- ↑ Faro de Vigo, ed. (30 de marzo de 2009). "Eduardo Rolland redescubre a reconquista de Vigo". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 4 de maio de 2013.
- ↑ "Galicia. National Geographic".
- ↑ Produtora Faro S.A. "A Arañeira, Galicia en guerra". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2014. Consultado o 4 de maio de 2013.
- ↑ "Crimes en Galicia". Consultado o 4 de maio de 2013.
- ↑ A. S. (15 de marzo de 2006). "Eduardo Rolland gaña o Premio Fernández del Riego de xornalismo". Faro de Vigo.