Wamba, Valladolid
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Wamba (homónimos).
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
| Provincia | provincia de Valladolid | ||||
| Capital | Wamba | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 289 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 38,21 km² | ||||
| Altitude | 785 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | José Luis Álvarez del Caño | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 47190 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 47230 | ||||
Wamba é un concello e localidade de España, na provincia de Valladolid, comunidade autónoma de Castela e León. Atópase na parte suroriental da comarca dos montes Torozos. Limita cos concellos de Peñaflor de Hornija, Villanubla, Ciguñuela, Valladolid (por un enclave do seu termo municipal), Castrodeza e Torrelobatón.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Wamba é a única localidade de España cuxo nome comeza pola letra uve dobre. O seu nome provén do rei godo Wamba, que foi elixido rei nesa localidade no ano 672. Daquela chamábase Gérticos e o rei Recesvinto tiña nela unha vila de descanso. Ao morrer Recesvinto na devandita vila, os nobres elixiron a Wamba ese mesmo día.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Un paseo por el único pueblo de España que empieza con 'W'". 20 minutos.
- ↑ "El único pueblo de España cuyo nombre empieza por ‘W’". La vanguardia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wamba, Valladolid |
