Quintá do Monte, Pradeda, Carballedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°33′3.60″N 7°48′29.93″O / 42.5510000, -7.8083139

Quintá do Monte
Quintadomonte.jpg
ParroquiaPradeda
ConcelloCarballedo
Poboación13 hab. (2018)

Quintá do Monte é un lugar da parroquia de Pradeda no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE a súa poboación no ano 2016 era de 20 persoas (15 mulleres e 5 homes), en 2018 eran 13 (8 mulleres e 5 homes).

En Quintá do Monte naceu o pintor e escultor José Randolfe Vilariño[1].

Topónimo[editar | editar a fonte]

A orixe do topónimo é o latín (villa) quintana, quizais propiedade dun Quintanus; e o determinante mons/montis, "monte"[2].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

En Quintá do Monte consérvase un muíño antigo en funcionamento[3].

Castro de Quintá: Asentamento castrexo situado na parroquia de Pradeda. Alterado pola labra con maquinaria agrícola, presenta na cima unha pequena chaira, e unha gran pendente pola marxe E-SE cara ao pobo.[4]

Quintá na cultura popular[editar | editar a fonte]

Os de Trasar matan a besta,

os de Lobelle cómena fresca,

e os de Quintá mandaron recado

que lles gardaran mitá do rabo. ![5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Randolfe Vilariño, José". Culturagalega.info. Consultado o 20/08/2017. 
  2. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 
  3. "Patrimonio etnográfico". Concello de Carballedo. Consultado o 26/08/2017. 
  4. "Patrimonio arqueolóxico". Concello de Carballedo. Consultado o 03/09/2017. 
  5. Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. p. 127. ISBN 84-7041-041-5. 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Pradeda[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Pradeda no concello de Carballedo (Lugo)

O Barrio de Puga | A Estibada | Pradeda de Abaixo | Pradeda de Arriba | Quintá do Monte

Parroquias de Carballedo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]