Saltar ao contido

Qiu Miaojin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaQiu Miaojin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1969 Editar o valor em Wikidata
Condado de Changhua, Taiwán Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xuño de 1995 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortesuicidio, desangramento Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeTaiwán Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de París
Universidade Nacional de Taiwán Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActividade literaria, Prosa, xornalismo, Reportaxe, dirección de cine e psicoloxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Francia
París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónautora de diarios , psicóloga , realizadora , reporteira , escritora , directora de cinema , xornalista Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaMandarín estándar, lingua chinesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Qiu Miaojin (chinés tradicional: 邱妙津; pinyin: Qiū Miàojīn), nada o 29 de maio do 1969 e finada o 25 de xuño do 1995, foi unha escritora taiwanesa, considerada unha das figuras máis destacadas da literatura lésbica de finais do século XX.[1][2] Entre as súas obras sobresaen as novelas Eyu shouji 鱷魚手記 ("Anotacións dun crocodilo") e Mengmate yishu 蒙馬特遺書 ("Cartas póstumas dende Montmartre").[3]

Biografía[editar | editar a fonte]

Qiu Miaojin naceu o 29 de maio de 1969 en Changhua, no oeste da illa de Taiwán.[1] Estudou no Instituto de Mulleres de Taipei, unha institución privada de elite. Posteriormente, graduouse en Psicoloxía pola Universidade Nacional de Taiwán.[1] En 1994, trasladouse a Francia para cursar un posgrao en Psicoloxía clínica na Universidade de París VIII.[1] Alí, estudou coa filósofa feminista Hélène Cixous (1937-).[4]

Recibiu diversos galardóns, como o Central Daily News Short Story, de relato curto, ou o premio de novela da United Literature Association.[1]

O 25 de xuño de 1995, logo de rematar o manuscrito da súa derradeira novela, Qiu suicidouse cravando un coitelo no peito.[4][5]

Obra[editar | editar a fonte]

A novelística de Qiu Miaojin está inspirada no cinema experimental, ao que a autora tamén se dedicou. Así, as escenas das súas obras non seguen unha orde secuencial, e moitas imitan o modelo das secuencias dunha película. Neste sentido, Qiu afirmou o seguinte do seu último libro: "Os lectores poden comezar por onde queiran. A única conexión entre os capítulos é o marco temporal no que foron escritos".[5]

Eyu shouji ("Anotacións dun crocodilo") é unha sátira política con elementos autobiográficos, que tamén se inspira en efectos de montaxe surrealistas. A novela explora temas como a lesbofobia, a normatividade de xénero ou o capitalismo. Publicada en Taiwán no ano 1994, en medio dun pánico nos medios de comunicación en relación co lesbianismo, a obra converteuse nun símbolo da comunidade LGBT no país.[2]

Pola súa banda, Mengmate yishu ("Cartas póstumas dende Montmartre"), publicada postumamente en 1995, é unha serie de notas de suicidio ordenadas de xeito aleatorio.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Qiu, M. (2018). Cartas póstumas desde Montmartre. Tradución ao castelán de Belén Cuadra. Gallo Nero.[6]
  • Qiu, M. (2020). Apuntes de un cocodrilo. Tradución ao castelán de Belén Cuadra. Gallo Nero.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Qiu Miaojin – Gallonero" (en castelán). Consultado o 2023-12-03. 
  2. 2,0 2,1 "Qiu Miaojin". Making Queer History (en inglés). 2022-01-30. Consultado o 2023-12-03. 
  3. Imparcial, El. "Qiu Miaojin: Apuntes de un cocodrilo". El Imparcial (en castelán). Consultado o 2023-12-03. 
  4. 4,0 4,1 "Missive Impossible". www.bookforum.com (en inglés). Consultado o 2023-12-03. 
  5. 5,0 5,1 "The Death of the Author". Los Angeles Review of Books. 2016-01-23. Consultado o 2023-12-03. 
  6. "Cartas póstumas desde Montmartre – Gallonero" (en castelán). Consultado o 2023-12-26. 
  7. "Apuntes de un cocodrilo – Gallonero" (en castelán). Consultado o 2023-12-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • 邱妙津 (La literatura china traducida en España)