Filosofía feminista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O filosofía feminista é unha corrente filosófica nada hai tres séculos, con maior relevancia nos séculos XX e XXI. Esta liña de pensamento soubo vincular os conceptos de muller e filosofía a partir de novos puntos de vista. Anteriormente, algúns pensadores recollían nos seus libros as opinións da filosofía acerca das mulleres. Co feminismo filosófico, foron elas as que pasaron a opinar sobre a filosofía e filosofar sobre as súas propias condicións. Despois das obras precursoras doutras filósofas como a marquesa de Châtelet, Olympe de Gouges e fundamentalmente Mary Wollstonecraft, o ensaio O segundo sexo, de Simone de Beauvoir, consolidou, na metade do século XX, o nacemento desta nova disciplina filosófica, centrada na muller.[1]

A disciplina reexaminou criticamente o que pensadores como Aristóteles ou Hegel teorizaron sobre as mulleres, comprobando os prexuízos filosóficos impregnados no pensamento androcéntrico, non soamente na cultura popular (como, por exemplo, nos ditados populares), senón tamén na ciencia.

A revisión dos clásicos dotou estes estudos dunha estrutura conceptual tal que lles permite teorizar sobre o feminino e os problemas que as mulleres afrontan nas súas vidas diarias.

Na España, salientan autoras como Celia Amorós e Amelia Valcárcel. Nos Estados Unidos, as principais filósofas feministas contemporáneas son Nancy Fraser, Seyla Benhaib e Judith Butler.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gatens, M., Feminism and Philosophy: Perspectives on Difference and Equality (Indiana University Press, 1991)

Ver tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]