Saltar ao contido

Eyu shouji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eyu shouji
Autor/aQiu Miaojin
Lingualingua chinesa
editar datos en Wikidata ]

Eyu shouji (chinés tradicional: 鱷魚手記; pinyin: Èyú shǒujì; "Anotacións dun crocodilo") é unha novela da escritora taiwanesa Qiu Miaojin, publicada orixinalmente en 1994. É unha das obras máis representativas da literatura lesbiana da década dos 90 e da literatura taiwanesa recente.[1][2]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Eyu shouji é unha colección de oito diarios que conteñen unha narrativa dobre. Os capítulos impares están escritos en primeira persoa na forma de entradas dun diario, e describen a vida universitaria da súa protagonista, Lazi. Ambientada no Taipei dos 80, a novela explora a relación amorosa entre Lazi e unha das súas compañeiras de clase, coa aparición de diversas amizades queer. A través da súa descrición do amor, cunha sincera expresión das emocións, a autora relata as vicisitudes psicolóxicas das persoas homosexuais da época, nunha sociedade dominada polo patriarcado.

Pola súa banda, os capítulos pares están escritos ao xeito de monólogos dun crocodilo antropomorfo, que satiriza a soidade das minorías sexuais nunha sociedade opresiva.

Temas[editar | editar a fonte]

A novela explora o problema da propia identidade, os vínculos emocionais, e o autocoñecemento das lesbianas. Ao longo do libro, Qiu emprega a metáfora do crocodilo para representar ás persoas homosexuais, que deben disfrazarse nunha sociedade dominada pola heterosexualidade.[3] O termo "crocodilo" úsase como sinónimo de lesbiana nos círculos LGBT de Taiwán.[4][5]

Estilo[editar | editar a fonte]

A novela emprega técnicas literarias inspiradas na montaxe cinematográfica, polo que os capítulos están escritos ao modo de escenas dunha película.[6]

Traducións[editar | editar a fonte]

En castelán[editar | editar a fonte]

  • Apuntes de un cocodrilo (2020). Tradución directa de Belén Cuadra Mora. Gallo Nero.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tsai 2017.
  2. Chen 2011, p. 617-618.
  3. Chu 2001.
  4. Lin 2011.
  5. Chi 2017, p. 403.
  6. Sang 2015, p. 287-304.
  7. Librotea 2020.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]