Anfiteatro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Coliseo de Roma, Italia.

O anfiteatro (do grego antigo amphitheatron) é un tipo de edificio público característico da civilización romana, empregado para acoller espectáculos e xogos, coma a munera ou loita de gladiadores e as venatio ou loitas con animais. Os máis antigos foron construídos en Etruria e Campania e datan de finais do século II [Cómpre referencia]. Este tipo de edificación é de orixe romana e non se atopa nin en Grecia nin en Asia Menor.

Ademais da súa finalidade, a diferenza máis salientable entre un anfiteatro nun teatro romano clásico é a forma da súa estrutura, o anfiteatro é de forma circular ou ovalada namentres que o teatro é semicircular. Tamén hai que diferenciar o anfiteatro do circo romano, que era empregado para espectáculos de carreiras de cabalos e tiña unha forma elíptica.

As bancadas (cavea) estaban divididas en zonas de xeito que as clases sociais se dispoñían de forma estratificada: as máis altas preto da area e as inferiores máis afastadas (posiblemente destinando estas últimas fileiras para mulleres e escravos) [1][2][3][4].

O anfiteatro máis coñecido é sen dúbida o Coliseo de Roma, cuxo nome era na realidade Anfiteatro Flavio (en latín Amphitheatrum Flavium).

Interior do Coliseo de Roma, Italia.

Orixe[editar | editar a fonte]

Curio o Mozo, a mediados do século I a. C., con motivo da morte do seu pai, decidiu facer na súa honra uns xogos. Para tal fin creou dous teatros de madeira que mediante un trebello quedarían unidos entre si, para o combate de gladiadores. Creouse así o primeiro anfiteatro, xustificando a súa orixe etimolóxica anfi-teatro: dous teatros.[5]

Anfiteatros romanos[editar | editar a fonte]

Anfiteatro de El Djem.
Anfiteatro de Tarragona.

Dentro da ampla zona de influencia do Imperio Romano atopáronse restos duns 75 anfiteatros. Algúns deles están presentes nas seguintes localidades:

Alemaña[editar | editar a fonte]

Croacia[editar | editar a fonte]

Chipre[editar | editar a fonte]

España[editar | editar a fonte]

Francia[editar | editar a fonte]

Gales[editar | editar a fonte]

Grecia[editar | editar a fonte]

Holanda[editar | editar a fonte]

  • Nimega (non existe coma edificio, pero evidénciase no trazo das rúas).

Inglaterra[editar | editar a fonte]

Italia[editar | editar a fonte]

Libia[editar | editar a fonte]

Tunisia[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Resumo en spanisharts dos edificios romanos para a celebración de espectáculos". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2009. Consultado o 07 de decembro de 2009. 
  2. "Páxina de información sobre os monumentos de Roma". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2009. Consultado o 07 de decembro de 2009. 
  3. "Páxina de información sobre o Coliseo de Roma". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2009. Consultado o 07 de decembro de 2009. 
  4. "Páxina sobre o Ocio na antiga Roma". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2009. Consultado o 07 de decembro de 2009. 
  5. Jérôme Carcopino, La Vida cotidiana en Roma en el apogeo del Imperio. Madrid: Ediciones Temas de Hoy, 2001. pp.294-295

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]