Provincia de Echizen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°24′N 136°30′L / 36.400, -136.500

Antiga provincia de Echizen

Echizen (越前国, えちぜんのくに, Echizen-no-kuni ou 越前, えちぜん) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a parte leste da prefectura de Fukui, historicamente na parte Hokurikudō (北陸道), actualmente na rexión de Chūbu ou rexión de Hokuriku, na illa de Honshū.

Echizen limitaba coas provincias de Wakasa (若狭), Ōmi (近江), Mino (美濃), Hida (飛騨) e Kaga (加賀).