Provincia de Echigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antiga provincia de Echigo

Echigo (越後国, えちごのくに, Echigo-no-kuni ou 越後, えちご) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a parte Honshū da prefectura de Niigata, historicamente na parte Hokurikudō (北陸道), actualmente na rexión de Chūbu ou rexión de Hokuriku, na illa de Honshū.

Echigo limitaba coas provincias de Etchū (越中), Shinano (信濃), Kōzuke (上野), Mutsu (陸奥) e Dewa (出羽).