Provincia de Buzen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antiga provincia de Buzen

Buzen (豊前国, ぶぜんのくに, Buzen-no-kuni ou 豊前, ぶぜん) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a parte leste da prefectura de Fukuoka e a parte norte da prefectura de Ōita, historicamente na parte Saikaidō, actualmente na rexión de Kyūshū, na illa de Kyūshū.

A capital estaba situada na vila actual de Miyako no distrito de Miyako na prefectura de Fukuoka.

Buzen limitaba coas provincias de Chikuzen (筑前) e de Bungo (豊後).