Provincia de Mino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antiga provincia de Mino

Mino (美濃国, みののくに, Mino-no-kuni ou 美濃, みの) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a parte sur da prefectura de Gifu, historicamente na parte Tōsandō (東山道), actualmente na rexión de Chūbu ou rexión de Hokuriku, na illa de Honshū.

Mino limitaba coas provincias de Echizen (越前), Ōmi (近江), Ise (伊勢), Owari (尾張), Mikawa (三河), Shinano (信濃) e Hida (飛騨).