Provincia de Suō

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antiga provincia de Suō

Suō (周防国, すおうのくに, Suō-no-kuni ou 周防, すおう) foi unha provincia histórica do Xapón, era na rexión histórica de San'yōdō, nunha zona que hoxe forma parte leste da prefectura de Yamaguchi, na rexión de Chūgoku, na illa de Honshū.

A capital da provincia estaba situada no territorio do concello actual da cidade Hōfu. Hōfu (防府) significa a capital ou o goberno provincial (国府) de Suō (周防).

Suō limitaba coas provincias de Nagato (長門), de Iwami (石見) e de Aki (安芸).

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundada como 周芳国(chamábase tamen Suō) no século VII, fin do mesmo século cambiábase o seu nome como 周防国. Había cinco distritos (Ōshima, Kumage, Tsuno, Saba e Yoshiki), no ano 721 o distrito de Kuga foi fundado da parte do distrito de Kumage.