Provincia de Suruga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antiga provincia de Suruga

Suruga (駿河国, するがのくに, Suruga-no-kuni ou 駿河, するが) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a parte oeste da prefectura de Shizuoka, historicamente na parte Tōkaidō (東海道), actualmente na rexión de Chūbu ou rexión de Tōkai, na illa de Honshū. A capital da provincia era Sunpu, actualmente chámase Shizuoka.

Suruga limitaba coas provincias de Tōtōmi (遠江), Shinano (信濃), Kai (甲斐) e Izu (伊豆).