Rexión de Chūbu
| Epónimo | parte central | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Xapón | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 21.715.822 (2010) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 72.572,34 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
A rexión de Chūbu é unha das 8 que compoñen o territorio do Xapón, ocupando a parte central da illa de Honshu. Ten unha poboación de 23.575.736 habitantes, e unha superficie de 72.572'34 km², co cal a densidade de poboación da rexión é de 324,85 hab./km².
Chūbu pode traducirse como "rexión central". Está dividida en 9 prefecturas: Aichi, Fukui, Gifu, Ishikawa, Nagano, Niigata, Shizuoka, Toyama e Yamanashi. As cidades máis poboadas da rexión son:
Nagoia é a cuarta cidade máis grande do Xapón, que organizou en 2005 unha Exposición Internacional que acolleu 22 millóns de visitantes.
A rexión ten o mar do Xapón nunha beira e o océano Pacífico na outra. Esas zonas costeiras teñen un clima semellante ó Mediterráneo. No centro da rexión érguense algunhas das montañas máis altas do país, como o monte Fuji, onde se aturan nevaradas intensas. Nagano acolleu a celebración dos Xogos Olímpicos de Inverno en 1998.
Chūbu acolle algunhas das industrias mais salientables do país, como é o caso de Toyota Motor Corporation, a empresa que máis coches fabrica no mundo.
