Provincia de Nagato
Aparencia
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Circuíto | San'yōdō | |||
| Capital | Chōfu (en) | |||
| Contén a división administrativa | ||||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Comparte fronteira con | ||||
Nagato (長門国, ながとのくに, Nagato-no-kuni ou 長門, ながと) foi unha provincia histórica do Xapón. Estaba na rexión histórica de San'yōdō, nunha zona que hoxe forma a parte oeste da prefectura de Yamaguchi, na rexión de Chūgoku, na illa de Honshū.
A capital estaba situada en Chōfu (長府), actualmente nun barrio da cidade de Shimonoseki.
Nagato limitaba coas provincias de Suō (周防) e Iwami (石見).
Historia
[editar | editar a fonte]Nagato foi fundada como Anato no século VII, na segunda metade do mesmo século cambiouse o seu nome como Nagato. A provincia dividiuse en 6 distritos; Asa, Mine, Abu, Toyoura, Ōtsu e Mishima.
