Provincia histórica do Xapón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distribución das provincias de Xapón que se mantivo desde comezos do Período Kamakura ata 1868.

Antes de que se establecese o actual sistema de prefecturas, Xapón estaba dividido en dez kuni (国, países), aínda que en realidade son dez provincias. Cada provincia estaba divida en gun (郡, distritos; coñecidos anteriormente como kōri).

As provincias foron establecidas inicialmente por Ritsuryō (Código de Taihō) tanto como unidades administrativas como rexións xeográficas. Con todo, na última fase do Período Muromachi, a súa función como unidade administrativa foi eficientemente e gradualmente suplantada polo goberno dos sengoku-daimyo. Baixo o goberno de Toyotomi Hideyoshi, as provincias foron definitivamente substituídas como unidades administrativas polos feudos dos daimyo. No Período Edo, os feudos pasaron a ser coñecidos como han. As provincias mantivéronse como entidades xeográficas e a xente adoitaba denominar a un determinado lugar polo nome da provincia acompañada da palabra “han”.

Na restauración Meiji, os han foron lexitimados como unidades administrativas pero pronto foron substituídos polas prefecturas (as prefecturas urbanas denomináronse fu e as rurais ken). O sistema de provincias para organizar as direccións non foi abolido senón que se estendeu. A partir de 1871, o número de prefecturas era 304, mentres que o número de provincias era 68, sen incluír Hokkaidō e Ryūkyū como provincias. Os límites entre as diversas prefecturas non estaban moi definidos, ademais tampouco coincidían cos das provincias. As prefecturas foron progresivamente reducidas a 37 en 1881; dividíndose de novo para formar un total de 45 en 1885. Coa adición as prefecturas de Hokkaidō e Okinawa alcanzouse a distribución definitiva (47 prefecturas), que se mantén na actualidade.

Ata agora non se anunciou ningunha modificación das provincias. Actualmente as provincias están consideradas obsoletas, a pesar de que os seus nomes son utilizados con frecuencia para designar características naturais, nomes de compañías e marcas. A principios da década de 2000, o gobernador da Prefectura de Nagano, Yasuo Tanaka (presidente do Novo Partido de Xapón), propuxo renomear a súa prefectura como "*Shinshū" (信州, un nome que deriva da Provincia de Shinano) porque o seu uso estaba xeneralizado, con termos como Shinshū soba (信州そば), Shinshū miso (信州味噌) e Universidade de Shinshu.

Dentro das provincias provincias existen un kinai (capital) e sete ou oito (rutas ou circuítos).

Hoxe[editar | editar a fonte]

Estes nomes de provincia considéranse de interese histórico. Tamén aparecen nalgúns apelidos xaponeses, a maioría dos cales popularizáronse durante e despois do período Edo, e no nome dalgúns obxectos (sanuki udon, iyokan e awa odori).

Algúns dos nomes das provincias utilízanse para indicar distintas partes das prefecturas actuais xunto coas súas características culturais e xeográficas. En ocasións, estes nomes tamén se utilizan para indicar unha dirección.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Mapas das provincias::