Provincia de Satsuma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antiga provincia de Satsuma

Satsuma (薩摩国, さつまのくに, Satsuma-no-kuni ou 薩摩, さつま) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a parte oeste da prefectura de Kagoshima, historicamente na parte Saikaidō, actualmente na rexión de Kyushu, na illa de Kyushu.

Satsuma limitaba coas provincias de Higo (肥後), de Hyūga (日向) e de Ōsumi (大隅).