Provincia de Tōtōmi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Antiga provincia de Tōtōmi

Tōtōmi (遠江国, とおとうみのくに, Tōtōmi-no-kuni ou 遠江, とおとうみ) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a parte oeste da prefectura de Shizuoka, historicamente na parte Tōkaidō (東海道), actualmente na rexión de Chūbu ou rexión de Tōkai, na illa de Honshū. Tōtōmi chamábase Enshū (遠州).

Tōtōmi limitaba coas provincias de Mikawa (三河), Shinano (信濃) e Suruga (駿河).