Provincia de Kawachi
Kawachi (河内国, かわちのくに, Kawachi-no-kuni ou 河内, かわち) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a parte leste da prefectura de Osaca, historicamente na parte Kinai, actualmente na rexión de Kinki, na illa de Honshu.
Kawachi limitaba coas provincias de Settsu (摂津), Yamashiro (山城), Yamato (大和), Kii (紀伊) e Izumi (和泉).